Ribadeo

Etiquetas:
29/06/2024

Deron comezo as rebaixas de verán no Centro Comercial Aberto coas mellores vistas e coa mirada posta na viaxe a Cuba para dúas persoas que se sorteará o vindeiro 14 de xullo no marco do Ribadeo Indiano.  

O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, manifestou que “aínda que ata o dia 1 de xullo non se dan por inauguradas oficialmente as rebaixas, visto que moitas marcas nacionais adiantaron unha semana esta cita, dende Acisa quixemos dar comezo un pouco antes a este período de descontos comerciais. Por iso dende hai uns días demos por inauguradas oficialmente as rebaixas en Ribadeo, moitos comercios xa as adiantaron, e outros estano a facer nesta fin de semana. Durante xullo e agosto centos de negocios terán grandes descontos e múltiples artigos de tempada a prezos moi interesantes, polo que...

leer más
Etiquetas:
28/06/2024
CARTELERA DE CINE RIBADEO HASTA EL 4 DE JULIO
 
VIERNES 28, SABADO 29 Y DOMINGO 30
SALA 1 18:00 - 20:30 – 23:00 “DEL REVES 2”
SALA 2 18:00 - 20:30 – 23:00 “UN LUGAR TRANQUILO: DIA UNO”
 
LUNES 1
SALA 1 20:30 – 23:00 “DEL REVES 2”
SALA 2 20:30 – 23:00 “UN LUGAR TRANQUILO: DIA UNO”
 
MARTES 2 (DIA DEL ESPECTADOR)
SALA 1 18:00 - 20:30 – 23:00 “DEL REVES 2”
SALA 2 18:00 - 20:30 – 23:00 “UN LUGAR TRANQUILO: DIA UNO”
 
MIERCOLES 3  
SALA 1 20:30 – 23:00 “GRU 4 MI VILLANO FAVORITO”
SALA 2 20:30 – 23:00 “UN LUGAR TRANQUILO: DIA UNO”
 
JUEVES 4
SALA 1 20:30 – 23:00 “GRU 4 MI VILLANO FAVORITO”
SALA 2 20:30 – 23:00 “UN LUGAR TRANQUILO: DIA UNO”
28/06/2024

A mocidade gozará de cine na rúa en xullo, de sesións dj en xullo e agosto, e de actividades acuáticas do 5 ao 8 de agosto na praia dos Bloques. 

O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, explicou que “as actividades que programamos para a mocidade darán comezo o vindeiro mércores, 3 de xullo, con cine na rúa. No Campo de San Francisco ás 22:30 horas os días 3, 10, 17, 24 e 31 de xullo proxectaranse películas como Amigos hasta la muerte, Super Mario Bros, Salta, A praia dos afogados e Barbie”.

O edil ribadense contou que “tamén haberá sesións  con djs na pista de skate. Serán ás 20 horas con Litainer os días 19 de xullo e 9 de agosto e con Pedro Bermúdez o 12 de xullo e o 2 de agosto”.

Silvent comentou que “ademais na praia dos Bloques do 5 ao 8 de agosto as rapazas e os rapaces...

leer más
Etiquetas:
27/06/2024

A próxima parada da xira do espectáculo teatral “Boa sorte, mala fama” será o domingo 7 de xullo ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, de Ribadeo, dentro da programación da IX Edición do Ribadeo Indiano.

A compañía lucense Tarabela Creativa recala por terceira vez na Mariña con este espectáculo que é o resultado dunha investigación de dous anos arredor das caras máis descoñecidas e menos institucionais da nosa emigración, contadas en tres actos.

En palabras da súa directora e dramaturga, Carmen Conde, “visitar Ribadeo con esta montaxe é aínda máis especial se cabe, pois no espectáculo hai moitas historias que contan como foi a nosa diáspora cubana e sei a irmandade tan grande que existe entre Ribadeo e Cuba; ademais de grandes persoeiros, homes e mulleres, que acabaron sendo parte activa da historia...

leer más
Etiquetas:
27/06/2024

Do 30 de xuño ao 13 de outubro terá lugar unha nova edición do Mercado dos Domingos, que foi presentado hoxe en Ribadeo. 

A concelleira de Comercio e Promoción Económica, Marta Saiz, manifestou que “coa chegada do verán, retómanse actividades e tradicións propias desta época. Unha delas é o Mercado dos Domingos, que xa vai pola vixésima terceira edición e que se desenvolve nas inmediacións da Praza de Abastos de Ribadeo cada domingo de verán. A nova tempada dará comezo este mesmo domingo, 30 de xuño, e rematará o 13 de outubro”.  

O Concello de Ribadeo organiza este mercado en colaboración coa Asociación de Produtores da Horta A Sucadoira. Saiz dixo que “se trata dun  mercado de proximidade de produtoras e produtores da zona, sen intermediarios, onde se poden atopar produtos da horta, pan, ostras, queixo,...

leer más
Etiquetas:
26/06/2024

Desde o vindeiro 1 de xullo e ata as 14:00 horas do 15 de xullo abrirase un prazo de solicitude de matrícula na EMMeD para o curso 2024/2025 para novo alumnado. Farase de xeito telemático a través dun formulario que se atopará na páxina web da escola.

Desde a EMMeD indican que “no caso de que pechado este prazo haxa máis solicitudes que número de prazas dispoñibles, realizarase un sorteo para determinar as persoas que entran neste novo curso. As restantes formarán parte dunha lista de agarda”.

Etiquetas:
26/06/2024

A parroquia ribadense de Arante celebrará as súas festas na honra de San Pedro esta fin de semana, o venres 28 e o sábado 29.

As actividades empezarán o venres con churrascada gratis e verbena amenizada polo grupo América SL.

E o sábado haberá misa solemne ás 13:00 horas seguida de sesión vermú amenizada por Jorge El Latino, que tamén actuará na verbena xunto a Antonio Barros.

 

Etiquetas:
25/06/2024

El Club de Hockey Isla Pancha realizará este domingo, 30 de junio, en horario de 12:00 a 14:00 horas una jornada de puertas abiertas para todos los niños y niñas que quieran iniciarse en este deporte. 

Desde la entidad señalan que “aunque puedes traer tus protecciones el club os proporcionará el material necesario exceptuando los patines”.

 

Etiquetas:
25/06/2024

Creada en 2016 nace de la mano del músico y productor barcelonés Ricky Falkner. Él recibió el encargo de EL TERRAT de buscar los mimbres para tejer la mejor música en directo del panorama televisivo español. 

Le propuso al gallego Pablo Novoa (ex-Golpes Bajos) ser el director artístico de la banda (además de guitarra) y entre los dos formaron este dream team del directo. Junto a Novoa, Mac Hernández (bajo), Pirata (vientos, percusión ), Litus (voz, guitarra ), Coke Santos (batería, ) y Santi Comet (teclados) pusieron el brillo al late show de Buenafuente durante 7 temporadas actuando en directo casi 1000 noches. 

En el programa tocaron junto a artistas como Coque Malla, Ariel Rot, Luz Casal, Miguel Ríos, Silvia Pérez Cruz, Bunbury, Guadi Galego o Manolo García entre muchos otros. Ahora se presentan por primera vez...

leer más
Etiquetas:
24/06/2024

A parroquia ribadense de Rinlo celebrará as festas na honra a San Pedro este venres, 28 de xuño, e o sábado 29.

As actividades empezarán o venres ás 21:00 horas cunha cea popular e a continuación haberá verbena coa orquestra Salsarena.

E o sábado celebrarase misa solemne ás 12:30 horas e despois haberá procesión e sesión vermú, coa orquestra Salsarena, que tamén actuará na verbena xunto co dúo Epo-K.