Ribadeo
Concello e Acisa fan un balance moi positivo do noveno Ribadeo Indiano, que remataba onte. O alcalde, Dani Vega, subliñou que o impacto económico achegouse aos catro millóns de euros.
O rexedor declarou: “temos que facer unha valoración moi positiva deste Ribadeo Indiano, que estivo organizado desde o Concello con Acisa. E tamén temos que dar as grazas á Xunta de Galicia e á Deputación de Lugo por toda a colaboración e tamén a todas esas persoas que quixeron colaborar para que isto saíse adiante”.
Vega dixo: “hai que dar as grazas a todos os veciños, porque durante estes días tamén causamos algún tipo de molestia nos aparcadoiros ou coas rúas cortadas, pero hai que entender que se trata dun evento importante para Ribadeo desde un punto de vista cultural, pero tamén desde un punto de vista económico. Podemos...
leer másNa zona portuaria de Ribadeo celebraranse esta fin de semana, desde o venres 19 ata o domingo 21 de xullo, as festas do Carme, nas que haberá un tributo a Juan Pardo a cargo do grupo Xuntos pola Música, formado por Lys Pardo, Antonio Barros, iAlma y Fernando Calderón, e que interpreta grandes cancións compostas por Juan Pardo. Será na verbena do venres, na que tamén actuará o grupo Rubí.
O sábado ás 12:00 horas celebrarase unha homenaxe aos patróns maiores de Ribadeo, na confraría de pescadores. Ás 13:45 horas empezará a sesión vermú, co grupo Alaska, que tamén actuará na festa verbena xunto ao grupo La Diferencia.
E o domingo haberá misa solemne ás 16:00 horas na igrexa da Atalaia e a continuación empezará procesión coa imaxe da Virxe do Carme ata o porto de Porcillán, para realizar a procesión marítima. Estará...
leer másA Confraría de Pescadores de Ribadeo acollerá un taller de iniciación ao microscopio o vindeiro 18 de xullo.
O alcalde, Dani Vega, contou que “o 18 de xullo vamos facer un curso na Confraría de Pescadores de Ribadeo para a iniciación ao microscopio. Aí vas aprender preparacións microscópicas e observar os secretos que esconden a ría. Contamos coa colaboración da Xunta de Galicia, do Centro de Cultivos Marinos e evidentemente co profesor, coa persoa que vai preparar todo isto que é Dani Prieto”.
O rexedor cre que a “colaboración entre as administracións está sendo un éxito, tamén no aspecto formativo, e dámoslle un impulso moi importante a Confraría de Pescadores, á nosa lonxa, porque tamén, aparte de facer o traballo cotiá, empeza a facer actividades divulgativas, formativas, entorno ao que esconde a ría e todos...
leer másA concelleira de Turismo, Marta Saiz, dixo que “Ribadeo xa está preparado para o Indiano 2024, unha edición chea de actividades para que un ano máis o Ribadeo Indiano sexa inesquecible”.
A edil ribadense contou que “hoxe ás sete da tarde terá lugar o pregón a cargo de Pilar Cagiao Vila, profesora titular de Historia de América da USC, seguidamente a nota musical vaina poñer o noso queridísimo Coro Sagrado Corazón. Por suposto, acompañados do enxebre cuarteto tradicional Illa Pancha baixaremos recibir aos indianos ao peirao de Porcillán, representados polo noso queridísimo Grupo de Teatro de Ribadeo. E desde logo non faltarán nesta velada música e verbena”.
Saiz relatou que “mañá, sábado, será como sempre o día máis dinámico en canto a actividades. Haberá conferencias, torneos, visitas teatralizadas, obradoiros...
leer másA concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, dixo que “aínda que esta fin de semana vai ter lugar o evento cultural e festivo que máis público convoca –o Ribadeo Indiano-, o noso concello segue na liña de ter unha programación estable e de calidade, que inevitablemente nestes meses de verán medra exponencialmente”.
A edil ribadense relatou: “comezamos falando de artes plásticas e é que ata o 17 de agosto temos unha oportunidade única para coñecer a obra do escultor Rodríguez Osorio, tan vinculado a Ribadeo. As salas do forte San Damián acollen unha retrospectiva moi completa da súa traxectoria. Haberá exposicións todo o verán nos diferentes espazos: as salas da Casa do Viejo Pancho, do Campo de San Francisco e da oficina de Turismo. Fotografía, pintura e escultura son as disciplinas escollidas nesta programación. Destacamos a figura do...
leer másA localidade de Piñeiro, que está na parroquia ribadense de Cedofeita, celebrará a festa na honra da Virxe do Carme este sábado, 13 de xullo.
As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Matices, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo Master.
Xa está en Ribadeo a selección española de baloncesto feminino U18, que permanecerá aquí concentrada ata o 29 de xullo. Os encargados de darlle a benvida foron o alcalde, Dani Vega, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent.
O combinado nacional enfrontarase a Croacia, Polonia e Hungría no Torneo que as catro seleccións disputarán en Ribadeo do 18 ao 20 de xullo.
O edil de Deportes declarou: “estamos moi contentos de recibir en Ribadeo un verán máis á selección española se baloncesto feminino U18. A concentración deu comezo onte e prolongarase ata o 29 de xullo. Na nosa vila contamos cunhas instalacións deportivas de primeiro nivel que nos permiten acoller esta tipo de eventos deportivos: concentracións e torneos internacionais, como os que a selección española vai disputar coas de Croacia, Polonia e...
leer másO concerto que ofrecerá Vicente García o vindeiro domingo, 14 de xullo, no IX Ribadeo Indiano adiántase ás sete da tarde. O sorteo da viaxe a Cuba para dúas persoas será ás nove.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, dixo que “desde a organización do Ribadeo Indiano queremos informar que debido ao pase á final da selección de fútbol e coincidir en horarios decidiuse que o concerto de Vicente García o vindeiro domingo, 14 de xullo, se adiante ás sete da tarde. Deste xeito poderemos disfrutar dun fermoso concerto e despois animar á nosa selección”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “unha vez que remate o concerto de Vicente García o vindeiro 14 de xullo ás nove da noite terá lugar o sorteo da viaxe a Cuba no marco do Ribadeo Indiano. Será un sorteo presencial e rápido, que resolveremos en poucos...
leer másXa está na rúa o oitavo número de A Gaceta Ribadense, o xornal que edita Faro Norte Comunicación con motivo da celebración do Ribadeo Indiano. Desde hoxe, mércores, estase a distribuír entre os negocios e institucións participantes, ademais de nos principais puntos de venda de xornais da vila ribadense.
Esta publicación, que conta con 32 páxinas e unha tirada de 4.000 exemplares, é posible grazas ao apoio por parte dos anunciantes e dos autores que colaboran cos seus artigos. Neste apartado hai novas incorporacións: a xornalista Sara Jaureguizar e a politóloga e historiadora Aida Álvarez. Pero tamén participan cos seus escritos de novo neste número colaboradores habituais deste xornal como Carlos Álvarez Lebredo, Pablo Rodríguez (Vivín) e María José Fernández Azpeitia.
Ademais nesta publiación recóllense...
leer más