San Ciprián acollerá un campionato da disciplina de karate denominada nihon tai jitsu este domingo, 29 de maio.

San Ciprián acollerá un campionato da disciplina de karate denominada nihon tai jitsu este domingo, 29 de maio.
 
O pavillón polideportivo do colexio de Galdín acollerá un campionato da disciplina de karate denominada Nihon Tai Jitsu este domingo, día 29, de 11 a 13:30 horas. O evento foi presentado polo concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, e polo responsable da organización, Miguel Ángel Rojo. 
 
José Ramón Soto anunciou que “o próximo domingo, 29 de maio entre as 11 horas e as 13:30 o pavillón do colexio Cervo Número 1, de San Ciprián, en Galdín, acollerá un campionato de Nihon Tai Jitsu, competición aprobada e apoiada por la Federación Galega de Karate e totalmente gratuíta para todo o público que desexe asistir a presenciar o evento”. 
 
O edil de Deportes explicou que “o Nihon Tai Jitsu é unha arte marcial de orixe xaponesa cuxo obxectivo primordial é a defensa persoal; de aí o nome que se lle deu no seu momento de método superior de defensa persoa, no que se busca a proporcionalidade na resposta ante unha agresión, podendo ser desde leve a contundente. Este campionato galego  organízao o Departamento de Nihon Tai Jitsu da Federación Galega de Karate e o seu director é o noso veciño mariñán Miguel Ángel Rojo, que leva máis de 15 años no labor de difusión do Nihon Tai Jitsu, non só en Galicia senón que tamén está noutras comunidades ás que se despraza a impartir seminarios de formación”. 
 
Soto engadiu que o campionato deste domingo “ten carácter oficial e está organizado pola Federación Galega de Karate co patrocinio do Concello de Cervo. Acudirán uns 35 participantes, previamente seleccionados, da Mariña luguesa ademais da Coruña, Ourense, Lugo e Pontevedra. Entre todos estes intentarán optar ás prazas para representar a Galicia no campionato de España, que se celebrará en Valencia o 9 de xullo. Neste campionato estará presente o mestre e director autonómico Miguel Ángel Rojo, veciño da nosa localidade. A proba está baseada na modalidade de kata Individual. Por parte do Concello de Cervo queremos invitar a todos os veciños do municipio e de toda A Mariña a asistir ao campionato desta práctica deportiva, que para algúns é nova aínda que xa leva varios anos implantada nesta zona. A entrada ao evento é totalmente gratuíta”.