O V Concurso de Karaoke de Xove terá lugar o 26 de decembro. A inscrición está aberta e péchase o 21 ás dúas e media da tarde.

O V Concurso de Karaoke de Xove terá lugar o 26 de decembro. A inscrición está aberta e péchase o 21 ás dúas e media da tarde.
 
O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha e un dos pratos fortes vai ser o Concurso de Karaoke, que este ano chega á súa quinta edición e que se celebrará o 26 de decembro.
Haberá tres categorías para os participantes: Peques, para menores de 12 anos; Iunior, de 12 anos ou máis e menores de 18 e Veteranos, para  maiores de 18 anos. As bases, ficha de inscrición e relación de cancións para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura o una web do Concello. Tamén  se pode enviar toda esta documentación por email se así se solicita.
A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuíta e está aberta dende a semana pasada. Pódese facer de xeito presencial na oficina do Técnico Municipal de Cultura polas mañás ou ben por teléfono, chamando ao Concello. Neste segundo caso, a documentación haberá que aportala con posterioridade. Para a inscrición só se esixe unha copia do DNI do participante se este é maior de idade e, se é menor, unha fotocopia do DNI do pai, nai ou titor ou titora do mesmo.
A inscrición vai estar aberta con carácter xeral ata as 15:00 horas do mércores 15 de decembro. Ademais, o día do concurso é posible tamén anotarse, en horario de 17 a 19  horas no Pavillón Municipal.
Dentro das posibilidades de inscrición hai un apartado especial para os que concursen cunha canción non incluída na lista da Organización. Para estes casos, a inscrición rematará o vindeiro luns, 21 de decembro ás 14:30 horas.
Os premios do concurso serán, na categoría Peques, dous premios á Mellor voz de 40 euros e un premio á Mellor caracterización, tamén de 40 euros. Na Iunior, dous premios á Mellor Voz de 70 euros, e outro á Mellor caracterización, da mesma cantidade. Para os veteranos, os dous recoñecementos á Mellor Voz recibirán 130 euros, igual que a Mellor Caracterización.