O Entroido burelés celebra este luns, día 8, a II Festa do Oeste dentro dos actos programados por ACIA Burela. Comezará ás once e media da noite na Praza da Mariña co Bar-Saloon onde haberá un Gran-Rodeo con Toro Mecánico e premios infantil e adultos. Nesta festa haberá ademais premios para os mellores disfraces e o sorteo dunha cesta de Cocido valorada en 150 euros para o que poderán adquirirse as rifas nos locais da Ruta de Tapas.
Durante os días 6, 7 e 8 haberá a ruta “Tapeo de Cocido” con tapas a 2 euros e o sábado, día 6, celebrarase unha Macrofesta na Praza da Mariña a partires das once e media da noite amenizada polo DJ Henry Méndez. As entradas son a 10 euros ou a 8 si se mercan por anticipado.
O domingo, día 7, celebrarase o Día do Neno na Praza de Abastos con actividades durante a mañá e a tarde.
O luns, día 8, actuarán as Charangas entre as nove e as doce da noite nos locais de tapeo.
O martes, día 9, haberá Desfile a partires das cinco da tarde na Praza da Mariña e un sorteo de 2.000 euros dentro da campaña organizada por ACIA Burela “Compras de Cine”.