O Concello de Cervo convoca o V Concurso Fotográfico "Cervo respecta" ao que se poden presentar imaxes dos espazos naturais de Galicia.

O Concello de Cervo convoca o V Concurso Fotográfico "Cervo respecta" ao que se poden presentar imaxes dos espazos naturais de Galicia.
 
O Concello de Cervo convoca, por quinto ano consecutivo, o Concurso fotográfico de Medio Ambiente “Cervo respecta”. Un certame no que poden participar todas as persoas que o desexen, presentando unha ou dúas fotografías como máximo sobre paisaxes ou escenas da natureza, sempre que fosen tomadas en calquera punto de Galicia.
Cabe destacar que se premiará de forma especial ás mellores fotografías sacadas no municipio co galardón titulado “Top Cervo”, tanto na categoría xuvenil como en adultos. Desta maneira, preténdese destacar e poñer en valor os espazos naturais do concello. Ademais destes premios, haberá distincións para as dúas mellores fotografías na categoría xuvenil e as dúas mellores imaxes na de adultos tomadas na comunidade. 
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, presentaron hoxe o cartel e as bases dun concurso que nacera co propósito de “promover el cuidado de nuestro entorno natural y promocionar la belleza paisajística de nuestro concello y también de toda Galicia en general”, asegura Alonso. De feito, as fotografías que se presenten teñen que amosar a natureza coidada e ben conservada. 
Un certame que cada ano vai gañando en popularidade, e nel participan decenas de persoas de diferentes puntos de Galicia e incluso do resto de España. De feito, o ano pasado presentáranse máis de 80 instantáneas. 
 
Requisitos
En canto ás esixencias técnicas, as fotografías deberán presentarse en formato dixital (JPEG), nun CD e en alta calidade a unha resolución mínima de 2048 pixeis. As fotografías presentaranse ou enviaranse nun sobre pechado co título V Concurso Fotográfico de Medio Ambiente “Cervo Respecta” no que se incluirá a ficha de autoría e o CD coas imaxes. En canto á ficha, poderase solicitar na Casa do Concello, na Casa da Cultura ou no correo electrónico medioambiente@concellodecervo.com 
 
Prazos
O prazo para entregar ou enviar os traballos rematará o 15 de maio. O 2 de xuño darase a coñecer o fallo do xurado, composto por persoas con coñecementos na materia. A entrega dos premios será o 5 de xuño, no Centro Cultural e de Servizos á Cidadanía de Cervo, anexo ao Concello, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente. 
 
Participa 
As persoas que desexen participar poderán facer chegar as súas fotografías a través de diferentes vías. Por unha banda, de forma presencial, entregando a documentación mencionada e as imaxes na Casa da Cultura ou na Casa do Concello. Ademais cabe a posibilidade de envialas por correo ordinario ou mensaxería ás seguintes direccións (terase en conta a data do selo expedido na oficina): Casa do Concello (Praza do Concello s/n 27891 Cervo) ou na Casa da Cultura (Avda. da Mariña, nº 60. 27890 San Ciprián). 
 
Exposición
Ao remate do concurso, todas as fotografías participantes amosaranse nunha exposición que se poderá ver en Cervo primeiro e despois en San Ciprián co obxectivo de “compartir el trabajo de los autores y mostrar espacios naturales de proximidad, así como concienciar de la importancia de proteger y cuidar nuestro entorno”, remata a edil.