Teatro Trajín presentará Mauthausen. La voz de mi abuelo, o domingo 1 de novembro, no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo.
A obra quere transmitir o testemuña real dun protagonista da nosa historia recente, a partires dos recordos gravados por el mesmo antes de morrer, aos que dá vida Inma González, a súa propia neta. Pero sobre todo, é un canto á vida, á fortaleza do ser humano, á solidariedade e ao humor como unha estratexia de supervivencia. O espectáculo unipersoal xoga co monólogo multipersoaxe que popularizó Darío Fo.
A montaxe foi candidata aos Premios Max 2019 ao mellor espectáculo revelación e á mellor dramaturxia revelación. Tamén foi recomendada pola Rede de Teatros e SAREA, e obtivo premios ao mellor espectáculo de sala na Feira de Teatro de Castela-León de Ciudad Rodrigo 2019 e ao mellor texto e espectáculo no Festival TOC El Puig 2019.
A dirección e a dramaturxia corresponden a Pilar G. Almansa e a interpretación corre a cargo de Inma González.
As entradas son numeradas e están á venda, unicamente a metade do aforo do Auditorio, en www.ataquilla.com.
Nesta representación tomaranse todas as medidas de seguridade pola pandemia do Covid-19, é dicir, haberá aforo reducido para manter as distancias de distanciamento social, xel hidroalcohólico a disposición dos espectadores e será obrigatorio levar mascarilla.