Os Sendeiros de Foz organizan unha nova andaina este verán. Será o 27 de xullo

A asociación Os Sendeiros de Foz convida a todos os amantes da natureza e do sendeirismo a participar na ruta Circular Montes da Lebre, que se levará a cabo o 27 de xullo.

A saída será ás 9:00 dende a Capela Bispo do Santo (Foz) e recorreranse uns 9 quilómetros arredor do Pico da Lebre. O prezo para os non federados é de 5 euros, sendo gratuíta a ruta para os federados. A dificultade é media, e recomendan levar equipo de sendeirismo axeitado. É obrigatorio anotarse antes do 26 de xullo.

Para inscribirse, pódese contactar a través dos teléfonos 670869017 e 606718482, ou enviando un correo electrónico a ossendeiros@yahoo.es.