Na visita que as súas maxestades os Reis Magos de Oriente teñen prevista ao concello da Pontenova, anuncian, que van a comezar o seu percorrido probando a tirolina das Minas.
A cita será do 5 de xaneiro, e comezará ás 17:30 horas coa primeira parada na tirolina das Minas, cando remate esta “pequena aventura” continuaran ata a Praza dos Fornos onde percorrerán as rúas do concello, e onde esta prevista a súa chegada arredor das 18:00 horas. Despois trasladaranse a Casa da Cultura para repartir agasallos e caramelos a tódolos nenos e nenas que vaian visitalos.