Os Náufragos porá en escena "Onde viven os monstros" este sábado, 19 de febreiro, ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
A obra, dirixida a nenos e nenas de 4 a 9 anos, é unha adaptación do coñecido álbum ilustrado de Maurice Sendak na que se exploran a fantasía e a realidade por partes iguais. Narra a historia de Max quen pasa o día facendo trasnadas. A súa nai, cansa desta situación, decide castigalo. Enfadado, Max viaxará ao marabilloso mundo onde viven os monstros, no que vivirá aventuras extraordinarias até converterse en rei. Unha tarefa máis difícil do que el pensaba.
Trátase dun clásico vixente hoxe en día que plasma con grande expresividade os temores e desexos da máis tenra infancia, os monstros que asexan, os incomprendidos enfados e o medo ao abandono e a que os nosos país deixen de querernos.