A parroquia de Conforto, no concello da Pontenova, celebrará as súas festas patronais os días 7 e 8 de setembro, sábado e domingo.
As actividades comezarán o sábado ás 22:00 horas cunha cea. E despois haberá verbena con DJ Bombardero e Javi Show.
E o domingo celebraranse misas ás 09:30, 10:30 e 11:30 horas e rosario ás 12:30 horas. Ás 13:00 horas haberá misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú con DJ Bombardero e o grupo A Chocolateira.