O Concello de Burela despide o verán cunha festa da auga que se prolongará desde este xoves 25 ata o domingo 28 de agosto. Catro días de xogos acuáticos para dicir adeus a este período estival que xa vai chegando ao seu fin.
Este ano haberá ademais un tobogán xigante, o “Kamikaze”, que conta cunhas dimensións de 11m de alto, 40m ao longo e 11m de ancho, un dos máis grandes de España.
Os nenos e nenas poderán desfrutar das actividades o xoves 25 e venres 26 en horario de 16:30 a 20 horas, e o sábado 27 e domingo 28 de 11:30 a 14 horas pola mañá, e de 16:30 a 20 horas pola tarde.
Non obstante, a mañá do venres estará reservada exclusivamente para realizar a festa final das Escolas Deportivas e a Ocioteca de Verán, limitando o acceso só para participantes destas dúas actividades.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, afirmou que “realizamos un ano máis esta festa ao remate do verán para todos os pequenos, deixando un espazo para aqueles que participaron nas Escolas Deportivas e a Ocioteca como premio por todo o traballo realizado”.