Un total de 21 establecementos asociados a Acisa participan nesta iniciativa que se prolongará ata o 19 de decembro baixo o lema Somos lo que damos, somos amor.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “se trata dunha iniciativa que poñemos en marcha en colaboración coa agrupación de Cáritas de Ribadeo e consiste nunha recollida solidaria de alimentos. A campaña comeza hoxe, 18 de novembro, e prolongarase ata o 19 de decembro”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado dixo que “tras a boa acollida das recollidas de alimentos dos anos anteriores e atendendo á petición de Cáritas en Ribadeo, desde Acisa consideramos que debíamos repetir esta iniciativa solidaria, que se basea en que todo aquel veciño ou veciña de Ribadeo que o desexe pode levar aos máis de vinte puntos de recollida, unha pequena colaboración en forma de alimento para que posteriormente Cáritas os reparta entre as persoas que o precisen”.
Pérez Prada sinalou que “segundo nos din desde Cáritas o que máis se necesita son alimentos básicos non perecedoiros como pasta, arroz, legumes, cacao, leite cun marxe longo de caducidade, potitos, galletas, cereais ou aceite”.
Cruzado Iglesias manifestou que “non nos costa nada colaborar e así axudar a moitas persoas. Chega o Nadal e todos podemos poñer o noso grao de area. Agora que comezaremos a mercar para as vindeiras festas navideñas lembremos a quen máis o necesita e axudémoslle con algo tan básico como son os alimentos”.
Os establecementos que participan nesta campaña solidaria son: Mercería Torviso, Panadería Torviso, El Rincón del Gordo, Kids&Us, Bar Queimada, Faro Norte Comunicación, Opticalia, Ribamueble, For Friends, R23, Farmacia Álvarez Lebredo, Galipizza, Xeito, Sargadelos, La Moda Joven, Farmacia Mª Euguenia Hermida, Fauna, Ginzo, Os Irmandiños, Susana Moreira y Hotel Restaurante Javier Montero.
Na presentación da campaña participaron por Lourdes Prada e Conchita Fernández, de Cáritas, e Jesús Pérez e Carmen Cruzado, da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.