O Concello de Ourol iniciou este martes, día 2, a súa programación para persoas maiores coa celebración dun curso de ximnasia de mantemento.
Esta actividade terá lugar os martes e os venres, en horario de 11:00 a 12:00 horas, no edificio multiusos do Concello de Ourol. O obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas maiores e retrasar os efectos do envellecemento a través da realización de exercicio físico adaptado como parte dos seus hábitos diarios. As persoas interesadas en participar deberán dirixirse ao departamento de Servizos Sociais ou chamar ao número de teléfono 982 55 91 09 (preguntar por Teresa ou Berta).
Ademais o vindeiro 17 de outubro dará comezo un obradoiro de adestramento da memoria que se celebrará os mércores, de 11:00 a 12:30 horas, no edificio multiusos.
Con este taller preténdese adestrar ás persoas participantes no manexo de estratexias de memoria que posibiliten manter unha memoria activa e axuden a compensar os esquecementos que poden experimentar na súa vida cotiá. As persoas que queiran anotarse nesta actividade poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ou chamar ao teléfono 982 55 91 09 (preguntar por Teresa ou Berta).