A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá unha xornada informativa titulada Non tolees coa wifi. Será por vídeo conferencia.
Esta actividade terá lugar o 1 de outubro en horario de 12:00 a 14:00 horas. As inscricións deben facerse na Aula CeMIT, na Casa da Xuventude, e para obter máis información as persoas interesadas poden chamar ao número de teléfono 982 120 732. As prazas son limitadas.
Os temas que se abordarán nesta xornada serán: as claves para contratar internet, cómo solucionar incidencias e reclamacións, e os dereitos d@s usuari@s.
Desde a Aula CeMIT explican que “o obxectivo desta xornada será explicar todo o que debe saber un usuari@ para poder contratar no seu fogar un servizo da internet adecuado ás súas necesidades e en función da súa cobertura, así como os seus dereitos e como solucionar incidencias e reclamacións referentes o servizo da Internet”.
A xornada está organizada pola Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, a asociación para a modernización tecnolóxica (AMTEGA) e a Aula CeMIT do Concello de Ribadeo.