As concelleiras delegadas de Turismo e Cultura do Concello de Cervo, Manuela Méndez e Dolores García, acompañadas de membros da comisión de festas da Candelaria, presentaron esta mañá no consistorio o cartel da programación desta celebración que comeza mañá na parroquia de Rúa.
Deste xeito, dende o Concello convidan a todo o mundo a asistir a esta festa na honra á Virxe da Candelaria que se prolonga dende mañá ata o domingo, cun programa repleto de actos.
Neste senso, recordan que “estamos sempre a disposición de tódolos veciños e asociacións que precisan da colaboración deste Concello, como facemos neste caso coa Candelaria, porque “creemos que as festas patronais son historia viva do noso pobo e consideramos fundamental manter ese espírito, que sobrevive ano tras ano grazas ao laborioso traballo que fan dende as distintas comisións de festas, de xeito altruista; un esforzo que se ten que ver recompensado cunha gran resposta por parte de tódolos veciños de Cervo e da contorna, que de seguro que asistirán masivamente a esta Festa”.
O programa de actos é o seguinte:
Mañá xoves é o Día da Patroa, que se celebrará cunha misa solemne ás 13:00 horas cantada por Toñito, e seguida de procesión.
O venres, a partir das 22:00 horas, a verbena correrá a cargo da orquestra Los Player´s, seguida da disco móbil Blanco e Negro.
O sábado 4 ás 13:00 horas, terá lugar unha misa solemne cantada polo Coro de Cervo seguida de procesión e sesión vermouth coa orquestra Suavecito, que repetirá pola noite xunto a orquestra Versalles.
O domingo, volverá haber misa solemne ás 13:15 horas e sesión vermouth ata ás 16:00 horas da man do Grupo Bomerang.
O campo estará cuberto cunha gran carpa para poder gozar da Festa, aínda que as condicións meterolóxicas non acompañen.