A Federación de Comercio A Mariña sorteará 12.000 euros en vales de compra na campaña que levará a cabo durante os meses de outubro e novembro.

A Federación de Comercio A Mariña sorteará 12.000 euros en vales de compra na campaña que levará a cabo durante os meses de outubro e novembro.
 
A Federación de Comercio A Mariña sorteará 12.000 euros en vales de compra entre os clientes dos comercios asociados na campaña que levará a cabo durante os meses de outubro e novembro.
 
A campaña percorrerá as localidades de Viveiro, Ribadeo, Foz, Burela, Xove e O Vicedo nas que se sorteará un vale de compra por importe de 2.000 euros en cada unha delas. Os clientes dos establecementos asociados deberán gardar os tíckets das súas compras (mínimo de 10 euros) para poder participar no sorteo.
 
Esta promoción comezará en Viveiro onde se desenvolverá do 10 ao 15 de outubro, continuará en Ribadeo entre os días 17 e 22 de outubro, e rematará o mes de outubro en Foz dos 24 ao 29. No mes de novembro seguirá en Burela dos días 7 ao 12, despois en Xove entre o 14 e o 19, e rematará en O Vicedo os días 21 ao 26 de novembro. 
 
O sorteo terá lugar en cada localidade o sábado que remate a campaña, e ese día en horario de 11:00 a 14:00 horas, e de 17:00 a 20:30 horas, na carpa instalada pola federación, realizarase o canxe de cada tícket por unha papeleta para poder acceder ao sorteo que terá lugar na propia carpa e de xeito presencial, pola tarde.
 
Os sorteos celebraranse a partir das 20:30 horas. En Viveiro terá lugar o 15 de outubro no Kiosko dos xardíns Noriega Varela, en Ribadeo o día 22 na rúa San Francisco, en Foz o 29 de outubro na Praza do Concello, en Burela o 12 de novembro na Praza do Concello, en Xove o día 19 na Praza do Concello e finalmente en O Vicedo o 26 de novembro á carón da Casa da Cultura.
 
O presidente da Federación de Comercio A Mariña, Ramón Leivas, anima “a facer as compras no comercio da nosa comarca, no comercio que temos a carón de nós. Hai que lembrarse de gardar os tíckets das compras e despois acudir a canxealos os sábados en cada localidade, para poder participar no sorteo presencial que se celebrará esa xornada pola tarde. Son 2.000 euros en vales de compra os que poñeremos en xogo en cada localidade, que sempre veñen moi ben pensando no vindeiro Nadal, por exemplo”.