O 5 de maio celébrase "Viveiro de poemas", unha homenaxe a Manuel María organizada polo colectivo Pensamento e Sementeira.

O 5 de maio celébrase "Viveiro de poemas", unha homenaxe a Manuel María organizada polo colectivo Pensamento e Sementeira.
 
O 5 de maio ás 20:30 horas terá lugar no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro o recital "Viveiro de Poemas".
 
Nel intervirán Patricia Álvarez, Adrián Ben, Moncho Bermúdez, Flor Chao, Andrés Díaz, Xoel Eijo, Alba Fernández, Suso Fernández, Margaret Licklider, Cristina L. Felipe, Teresa Penabad e Xosé M. Vázquez “Leman”. Nas actuacións musicais terá lugar a estrea da peza Sete pétalos de rosa, homenaxe a Manuel María, da que é compositor David Catá e interpretarán ao violín Juan Cabalar e ao piano o propio David Catá. Tamén intervirá o Coro do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro e proxectarase un vídeo de Abella Albo.
 
Nesta actividade organizada polo colectivo Pensamento e Sementeira colabora o Conservatorio Profesional de Música.