Desde a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá explican que "para rematar o mes de xuño, outra pequena ruta. Nesta ocasión, o domingo 28, sumámonos á iniciativa do Concello de Lourenzá e de diferentes Asociacións, para participar na segunda edición da actividade Todos cara a Tovar. No noso caso farémolo camiñando, nun trazado duns 8 kms. e dificultade baixa, que nos levará polo que foron os dominios do Coto de Canedo, posesións do antigo señor de Tovar. Non será necesario anotarse (xa que cada un levará o seu propio avituallamento). Só hai que achergarse ó Pazo ás 16:30 para comezar a camiñar; e ó remate, de volta en Tovar, desfrutar das diversas actividades que se darán cita esa xornada: baile, teatro, fogueira de San Pedro...".