Ata o 21 de marzo celébrase en Alfoz e no Valadouro o 3º Festival de Cine, que organiza o Seminario de Estudos do Valadouro.

Ata o 21 de marzo celébrase en Alfoz e no Valadouro o 3º Festival de Cine, que organiza o Seminario de Estudos do Valadouro.
 
Os días, 7, 14 e 21 de marzo seguirá en Alfoz e no Valadouro o 3º Festival de Cine, que organiza o Seminario de Estudos do Valadouro en colaboración cos dous Concellos do val e coa Área de Cultura da Deputación de Lugo.
O 7 de marzo na Casa da Cultura de Alfoz a partir das 19:00 horas proxectaranse: Koan, Chamábanlle Feáns, Da man da raíña vermella  e Encallados. 
O 14 de marzo ás 19 horas na Casa da Cultura de Alfoz poderase ver Polos camiños de Leiras. 
E o 21 de marzo tamén ás sete da tarde na Casa da Cultura de Ferreira proxectarase Tristeza na herba. 
O 3º Festival de Cine deu comezo o pasado 28 de febreiro coa proxección de sete curtametraxes.