San Xorxe, en Lourenzá, celebra as festas de Santa Isabel do 5 ao 7 de xullo

A parroquia de San Xorxe, no concello de Lourenzá, celebra as festas na honra a Santa Isabel esta semana, desde o venres 5 ata o domingo 7 de xullo.

As actividades comezarán o venres, día no que haberá verbena amenizada polo dúo Belinda e o grupo América SL.

O sábado celebrarase misa ás 13:15 horas, seguida de procesión e sesión vermú, co grupo Fénix, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Phantom.

E o domingo ás 13:30 horas haberá misa e despois procesión e sesión vermú, amenizada polo dúo Belinda.