Xabier Cid estará o 12 de maio na Librería Bahía, de Foz, para falar do seu libro "10.000 millas de andar na bici".

Como é percorrer 10.000 millas en bici pola cidade repartindo comida a domicilio? Que acontece con esa experiencia en mans de quen ten capacidade de facer con ela literatura? Que nos aprende de nos e do noso entorno?
 
Este venres, 12 de maio, ás oito e media da tarde, estará na Librería Bahía, de Foz, Xabier Cid para falar de todos estes temas presentes no seu  libro “10.000 millas de andar na bici”.
 
Trátase dunha actividade enmarcada no programa do club de lectura A carón dos libros, que é aberta para todo o público.