A ACD As Minas organiza o desfile de Entroido na Pontenova, que terá lugar o 18 de febreiro no Local das Sociedades. A asociación conta coa colaboración do Concello da Pontenova. Ás once da noite dará comezo o baile, á unha e media da madrugada será o desfile de concurso e para as tres está prevista a entrega de premios. A velada estará amenizada por Puzzle Animación.
Para os grupos establécense tres premios. Primeiro premio: 350 euros; segundo premio: 150 euros e terceiro premio: 100 euros. O primeiro premio das parellas estará dotado con 100 euros e o segundo con 60 euros. E na categoría individual haberá un primeiro premio de 60 euros e un segundo de 30 euros. As bases poden consultarse nas redes sociais da ACD As Minas.
Desde as oito da tarde desenvolverase unha ruta de tapas polos bares do pobo: Puente, Rony, O Lar de Balbina, San Briz e Casa da Cultura.