A xornalista Marta Darriba será a pregoeira da V Romaxe Vinquinga que se celebrará no Vicedo os días 29 e 30 de xullo.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe no Vicedo na presentación da V Romaxe Viquinga que se celebrará na praia de San Román os días 29 e 30 de xullo. Xunto co alcalde, Jesús Novo, Arias subliñou o impulso que infunde este evento ao desenvolvemento turístico do municipio pese á súa corta traxectoria.

Neste sentido, o delegado lembrou que as campañas da Xunta Camiña a Galicia e Galicia Destino Seguro “axudaron xa o pasado ano a atraer turismo, e confiamos en seguir mellorando as cifras de visitantes grazas a una oferta baseada no patrimonio natural e cultural, con destinos non masificados e propostas diferenciadas como esta romaxe”.

A romaxe comezará o sábado 30 de xullo a partir das 10,30 horas coa apertura dos campamentos, e inclúe a recreación do desembarco viquingo e da batalla, así como actuacións musicais, entre outras actividades. O venres 29 pronunciará o pregón a xornalista Marta Darriba e a continuación haberá pasarrúas no casco urbano.