O grupo Engruna Teatre porá en escena a obra Sopa de Piedras este sábado, 12 de febreiro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 18:00 horas.
A obra está dirixida ao público infantil a partir de 4 anos.
Sopa de Piedras fala de todas aquelas persoas que foxen da súa realidade en busca dunha oportunidade e chegan a un lugar onde se atopan unha sociedade que non ve ou non quere ver máis aló dela mesma e é incapaza de ver ao recentemente chegado como unha oportunidade e non como unha ameaza. É a historia de Alma, unha nena que ten que fuxir do seu país porque un día ve como o ceo en lugar de cometas énchese de avión. Despois dunha longa viaxe, chega a un lugar descoñecido, onde aparentemente todo o mundo ten de todo, pero ninguén quere compartir nada con ela. Con inxeño e intelixencia fai unha sopa de pedras que transforma o individualismo de todo un pobo nun traballo en equipo e dá unha lección de vida a todos aqueles que inicialmente lle pecharon as portas.