Tralos continuos cambios e viravoltas destes últimos días, logramos contactar cos Reis Magos para que se pasasen polo noso concello.
As maxestades atenderán aos máis pequenos da casa facendo a seguinte ruta: Casa da Cultura, Igrexa das Oiras, Igrexa do Pereiro, Pinguela, Reirado, Igrexa de Bacoi, Igrexa de Carballido, Igrexa de Adelán, Castro e por último achegaranse ao pavillón de Alfoz para atender a quen así o desexe e recoller as cartas que sexan necesarias.
Dende a directiva explican que “decidimos realizar un formato reducido deste evento e non contará coa oferta lúdica nin coa tradicional chocolatada. Rógase prudencia e uso obrigatorio da máscara”.