A Fundación Imdecum organiza un acto de homenaxe dedicado aos Heroes do Orzán. Coincidindo co que sería a apertura do Memorial Heroes do Orzán de Fútbol Sala Base 2021, o mércores, día 23, honrarase a memoria de Rodrigo Maseda, José Antonio Villamor e Javier López nun acto que terá lugar no monolito en recordo do policía burelao, no Cantiño, ás 16.00 horas.
Participarán xunto ao presidente da Fundación Imdecum, Marcelino Luna, e Isabel Lozano -nai do policía burelao-, representantes do Concello de Burela e da Policía de Viveiro.
O antedito acto dará continuidade a unha homenaxe sobre a pista de Vista Alegre, co amigable cadete entre dous equipos habituais na cita, o Pescados Rubén Burela FS e o EDM Concello de Guitiriz (18.30 horas).