A Concellaría de Cultura de Ribadeo programa para este domingo, 2 de maio, a actuación de Talía Teatro que chega con Vida de cans. A representación terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 20:00 horas. O prezo da entrada xeral é de 4 euros e 3€ para estudantes, desempregad@s e xubilad@s.
Trátase dun espectáculo escrito e dirixido por Cándido Pazó, con Dani Trillo, Toño Casais e Artur Trillo nunha alegoría canina en cinco ladridos escénicos representada por un dálmata novo e ben educado, un vello e sabio setter e un cruce fillo da diversidade.