ACISA Ribadeo sorteará o martes, 1 de setembro, dúas tablets de última xeración entre os usuarios da app Ribadeo cerca de ti, que xa se lanzou a principios deste mes de agosto.
O xerente de ACISA, Jesús Peréz, anima a veciñanza a descargar a app, “non so polo sorteo deste martes, senón tamén pola comodidade e polas grandes vantaxes que ofrece esta app, que conta con cerca de 500 descargas en pouco menos dun mes”. Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo agardan que a cifra de usuarios vaia crecendo, xa que son máis de 20.000 persoas as que coñecen a app Ribadeo cerca de ti.
Jesús Pérez tamén fai unha valoración positiva do grande éxito conseguido co vídeo Ribadeo Seguro: “en dous día xa alcanzou as case 20.000 reproducións nas diferentes plataformas onde o publicamos, onde 17.000 delas son de Facebook. Ademais, xerou un contido que alcanzou a máis de 25.000 persoas. Estes datos son moi relevantes e moi importantes para nos, porque queren dicir que a xente se interesa por Ribadeo. Para nos, tanto a app como este vídeo están sendo moi exitosos, por iso animo aos veciños e veciñas a que se rexistren na nosa aplicación”.