A piscina municipal da Pontenova inicia os seus cursos de natación de verán para nenos e adultos. A presentación será o vindeiro 17 de xullo, ás 13:00 horas para os nenos e nenas e a partir das 20:00 horas para os adultos. Este curso dividirase en dúas sesións semanais (martes e xoves) desde o 21 de xullo ata o 13 de agosto.
O prezo total da tempada serán 30 euros, aínda que se poderá abonar semanalmente cunha tarifa de 8 euros por semana. Ademais, os máis pequenos gozarán de dúas sesións: unha de perfeccionamento entre as 12:00 e as 12:45 horas e outra de iniciación, desde as 13:00 ás 13:45 horas.
Por outra banda, o curso para adultos comezará ás 20:00 horas e finalizará ás 20:45 horas. Os interesados poden poñerse en contacto chamando ao teléfono 686 66 52 77 ou ao 678 72 80 15.