Teatro

Etiquetas:
13/12/2021

O coñecido grupo teatral Chévere representa As Fillas Bravas este sábado, día 18, ás 20 horas no salón de actos do Concello de Lourenzá, que organiza esta actividade coa colaboración da Deputación de Lugo. A entrada é gratuíta con aforo limitado.

O elenco desta obra de Chévere está formado por Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar.

Chévere explica que “as fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta, como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos”.

Con esta peza Chévere “segue a explorar as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero, dando continuidade a traballos que...

leer más
Etiquetas:
09/12/2021

Será este sábado, día 11, a partir das 21 horas. O Grupo Lume Escénico, da Pontenova, representa “Cousas de bares”.

Sinopse:

Como consecuencia dun accidente de tráfico no que está implicado un coche fúnebre, nun bar aparece un ataúde cun boleto de lotaría dentro. Esta é unha obra de ritmo trepidante e con xiros inesperados. Unha cita fronte ao cemiterio, para un espectáculo… mortal! 

Etiquetas:
09/12/2021

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle a representación de A lingua das bolboretas a cargo de Sarabela Teatro. A función terá lugar este sábado, día 11 de decembro, ás 20:30 horas.

A obra de Manuel Rivas conta o proceso de aprendizaxe que emprende o protagonista da man do mestre da escola e da traxedia que supuxo vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil. A través da entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno vaise descubrindo paulatinamente a beleza daquelas realidades cotiás que pasan inadvertidas, facendo partícipe ao receptor da historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas.

Trátase dunha adaptación de Fernando Dacosta e Gonçalo Guerreiro, coa dirección deste último,...

leer más
Etiquetas:
07/12/2021

O salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz acolle o 19 de decembro, domingo, a partir das 18:00 horas un espectáculo infantil no que Fran Rei presenta un espectáculo unipersoal para público infantil que mestura narración oral, humor e maxia: O conto de Barriga Verde. Escrito por Avelino González a partir de tres obras de Manuel María (Barriga Verde, Os soños na gaiola e Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela). O conto de Barriga Verde pretende ser un achegamento á poesía, prosa e teatro de Manuel María.

E a continuación, ás 19:00 horas, tamén no salón de actos da Casa da Cultura terá lugar a entrega de premios do XIX concurso de postais de Nadal organizado polo Concello de Alfoz.

 

Etiquetas:
07/12/2021

Este sábado, 11 de decembro, ás 19:00 horas o grupo Hipócrita Teatro representará no centro sociocultural de San Cosme a obra Cásting, na que varias actrices compiten por un único papel cinematográfico. Atrapadas nas súas personaxes estereotipo chegan ao límite do absurdo por cumprir coas expectativas do seu rol. É unha comedia agridoce para chorar, rir ou chorar coa risa.

Esta representación teatral está organizada polo Concello de Barreiros e a Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
02/12/2021

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá o espectáculo infantil Ris Ras a cargo de Baobab. A representación terá lugar este sábado, día 4 de decembro, ás 18:00 horas e está dirixido ao público infantil a partir de 1 ano.

Trátase dunha montaxe musical e teatral pensada para rir e bailar onde a palabra e as brincadeiras están presentes para trasladar a tradición oral galega.

A venda de entradas é no teléfono 982 560 162, de luns a xoves, en horario de 9:00 a 14:00; ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es. e na taquilla dende unha hora antes da función.

 

Etiquetas:
01/12/2021

O Concello de Alfoz programa a representación da obra Por un puñado de grelos a cargo de Trocos Teatro. A función será este sábado, 4 de decembro, ás 20:00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura. A entrada é libre e gratuíta.

O grupo de teatro de Castro de Rei presenta esta obra de Guillermo Cancelo que transcorre na Terra Cha onde se comenta que, nun lugar chamado A Escrita, está aparecendo ouro e esta é a única paraxe natural na que se dá a planta sagrada dos grelos polo que non consentirá unha nova invasión por parte do pobo branco.

Esta representación está subvencionada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
25/11/2021

O vindeiro sábado, 27 de novembro, chega á Casa da Cultura de Burela Conexión Pingüín, unha divertidísima comedia sobre a incomunicación protagonizada por Luís Iglesia e Marcos Orsi con texto do premiadísimo José Prieto e producida por Culturactiva Producións. Tralo éxito de Sénior, estes dous grandes actores xúntanse de novo para meterse na pel de dous intrépidos montañeiros que tratan de chegar á Antártida.

Conexión Pingüín é unha peza que fala da incomunicación entre os seres humanos, un mal que fai estragos todo os días e a todas horas. Estamos na súper era tecnolóxica, da conexión inmediata, da telecomunicación, mais nunca estivemos tan lonxe entre as persoas. 

Unha reflexión cómica sobre a incomunicación na era da comunicación, nunha posta en escena que mestura neve polar, móbiles de última xeración,...

leer más
Etiquetas:
24/11/2021

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá a representación da obra Porvenir a cargo de Impromadrid. A función será este domingo, 27 de novembro, ás 20:30 horas.

Porvenir conta a historia de catro amigos de toda a vida que, azuzados pola deusa da fortuna, se enfrontan á incómoda pregunta de como queren vivir a madurez das súas vidas. Son eles os que lean as rendas da súa existencia ou, polo contrario, simplemente se deixan levar pasivamente polas súas labores cotiás? A obra non dá solución á pregunta pero reivindica o feito mesmo de plantexala e, sobre todo, a necesidade de atopar tempo para pensar nela.

Baixo a dirección de Ignacio López, autor da obra, o elenco artístico está formado por: Ignacio Soriano, Paloma Córdoba, Elena Lombao, Borja Cortés e Ignacio López.

 

19/11/2021

O Auditorio Municipal de Burela acolle a representación da obra "Libre como os paxaros" a cargo de Teatro do Atlántico. A función terá lugar este domingo, 21 de novembro, ás 21:30 horas con entrada é libre ata completar aforo. Programada pola Delegación de Cultura do Concello de Burela, enmárcase no programa de dinamización lingüística FalaRedes 2021 da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística.

Baixo a dirección de Xulio Lago, está interpretada por María Barcala. Trátase dunha representación teatral para público adulto e adolescentes maiores de 14 anos no que a figura protagonista é Rosalía de Castro quen se dirixe ao público en primeira persoa compartindo as particularidades da súa propia orixe, do seu pensamento, da súa circunstancia social e dos condicionamentos que ten que superar para ser quen...

leer más