Teatro
O Concello de Viveiro, a través da súa concellería de Cultura, anuncia o programa cultural para os próximos meses no Teatro Pastor Díaz, que se inclúe dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios, ao que se suman outras propostas culturais puntuais organizadas polo Concello de Viveiro.
O programa inclúe espectáculos para todos os públicos, comezando o próximo sábado 12 de febreiro ás 18:00 con “Sopa de Piedras” de Engruna Teatre dirixido a público infantil dende os 4 anos. Tamén en febreiro, o sábado 19, os nenos e nenas de 4 a 9 anos poderán gozar da obra “Onde Viven os monstros” da compañía Os náufragos.
A programación para adultos comezará o sábado 5 de marzo, coa obra de comedia “As que limpan” de A Panadería Teatro ás 20:30. O calendario propón hasta o mes de maio diferentes espectáculos, tanto para...
leer másOs días 29 e 30 de xaneiro chegan ao auditorio de Burela Touriñán e Carlos Blanco con Somos criminais 3. Finalmente serán 3 as funcións que ofrecerán para as que aínda quedan algunhas entradas dispoñibles. O concelleiro de Cultura, José Díaz, subliña que a química entre os dous actores covérteos nunha das parellas humorísticas máis brillantes de España.
O edil burelés dixo que “este fin de semana tendremos en Burela una nueva actuación de lujo y de mucho nivel con la presencia de Touriñán y Carlos Blanco con Somos Criminais 3. Realmente es la segunda parte pero ellos decidieron jugar así con el título. Ya los tuvimos aquí en Somos Criminais 1, en el año 2019, y ahora vuelven con este espectáculo que recorrió las principales ciudades de Galicia y una vez más Burela está entre los sitios elegidos. Para nosotros es un placer y un honor...
leer másO 5 de febreiro ás 18:00 horas a compañía Katarsis Educación-Teatro representará na Casa da Cultura de Burela "Pa Cama", un espectáculo non verbal dirixido a nenos e nenas desde 0 ata 5 anos protagonizado por Estíbaliz Veiga e Kevin Stewart.
Trátase dunha exploración de xogos entre dous amigos que antes de durmir descobren un mundo de aventuras que lles distrae do sono. A súa predisposición e inxenuidade lévaos a atopar diversión no máis sinxelo, en todo o que lles rodea, no marco dun ambente tan acolledor coma un dormitorio. Un xogo leva a outro, dende unha pelota ata unhas almofadas que fan de ás para voar, pasando polas sabas axitándose no aire, a toalla enrolándose e desenrolándose, a luz apagándose e acendéndose e uns pequenos monicreques en forma de ollos que se bican. Unha peza que se desenvolve coma se fora unha coreografía de...
leer másO Concello de Viveiro informa aos seus veciños e veciñas da actuación de Leo Bassi o próximo 29 de xaneiro no Teatro Pastor Díaz ás 20:30 horas. O artista, que presentará o espectáculo “Yo Mussolini”, visitará a cidade do Landro no marco da súa xira por España, actuando tamén noutros puntos de Galicia.
Leo Bassi é un dos grandes “clowns” do mundo do espectáculo, sendo unha gran referencia no mundo circense. No espectáculo que representará en Viveiro, pretende alertar do perigo que implica o avance da extrema dereita.
“A súa obra é un alegato á liberdade, a través da cultura transmite valores e recórdanos estes feitos para non repetir os erros do pasado”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.
As reservas de entradas realizaranse no teléfono 982560162 ou no e-...
leer másA Casa da Cultura de Burela acollerá a representación de Bravas con Isabel Risco. A función terá lugar o 11 de febreiro ás 21:00 horas. O prezo da entrada é de 3 euros.
Trátase do segundo espectáculo unipersoal protagonizado por Isabel Risco no que presenta a súa particular visión da historia das mulleres galegas. Dirixido por Fran Rei reivindica e visibiliza persoaxes femininos da historia e da mitoloxía de Galicia, como María Soliña ou María Castaña, pero tamén a mulleres anónimas que se involucraron en movementos e loitas sociais como as cigarreiras de A Coruña que levaron a cabo a primeira folga feminina en 1831.
Colaboran na organización deste evento: Concello de Burela, Xunta de Galicia, AGADIC, Rede Galega de Teatros e Auditorios e Xacobeo 21-22.
A Sala Bahía, de Foz, acolle este sábado, 15 de xaneiro, dúas representacións da obra de teatro infantil Tilintilonia, a cargo da compañía O Baúl da Tía Tola. Os pases serán ás 17:00 e ás 18:30 horas.
É un espectáculo para bebés que pretende o estímulo dos sentidos e que viaxa a través das sensacións e das emocións. Está dirixido preferentemente a nenos e nenas de 6 meses a 5 anos.
O Baúl da Tía Tola explica que “Tilintilonia é un pequeno planeta habitado por dúas mulleres, (Tilín e Tilón, cada unha co seu son). Elas descubrirán un mundo cheo de texturas, cores, sons e fantásticos seres que xorden coa música e onde o vento e a auga convértense en elementos de xogo. Dous seres espertan en Tilintilonia a un mundo máxico no que descubrir novos sons e melodías, novas texturas, onde deixarse levar pola fantasía e os...
leer másA Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro continúa coa súa programación de Nadal coa actuación de Pablísimo que presenta O arquivo do chibo. A función, dirixida ao público familiar, terá lugar este xoves, 30 de decembro, ás 18:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro.
O arquivo do chibo é unha fabulación libre arredor do conto clásico de Os sete cabuxos e o lobo. Presenta cantigas de lobos esfameados, fábulas de cameiros teimudos e a historia de sete cabuxiños desobedientes. Un teatriño con múltiples xanelas e espazos que serven de viñetas para contar, a xeito de banda deseñada, este clásico actualizado empregando monicreques, xoguetes, sombras e moita cachifallada.
Este mércores, 22 de decembro, a compañía Galitoon presenta Güela Güela. A función será no auditorio municipal Hernán Naval de Ribadeo ás 17:30 horas. O prezo da entrada é de 5 euros e de balde ata 24 meses.
Trátase do único espectáculo dunha compañía galega no Museo do Prado, baseada na obra Concerto de Aves de Frans Snyders, a solicitude do Museo Nacional do Prado para a súa representación durante os anos 2015 e 2016, no marco das actividades dirixidas ao público familiar e infantil que visita o museo.
Conta a historia de como as cegoñas sempre tiveron a misión de levar aos bebés que acaban de nacer aos brazos dos seus país e nais. Mais un día, Güilly, unha pequena cegoña, decidiu que xa era maior para levar un bebé á súa familia pero recibiu a negativa da comunidade das cegoñas porque aínda non podía seguir o...
leer másStorytime Santa´s Elves es el título de la obra que se representará en el Cine Teatro ribadense este sábado, día 18, a las 18:00 horas. Es una actividad organizada por ACISA Ribadeo con la colaboración de la academia de inglés asociada Kids&Us y del Concello de Ribadeo.
El gerente de ACISA Ribadeo, Jesús Pérez, anunció que “para este sábado, 18 de diciembre, a las 18:00 horas en el Cine Teatro de Ribadeo, en colaboración con Kids & Us y el Concello de Ribadeo, hemos organizado la obra de teatro en inglés Storytime Santa´s Elves, para niños y niñas de todas las edades. La entrada es gratuita hasta completar aforo. Nos parece que se trata de una buena iniciativa para que los niños y niñas pasen una tarde diferente, divertida y aprendiendo, mientras sus padres se ocupan de esos recados navideños que todos tenemos que hacer”.
... leer másA Concellaría de Cultura de Ribadeo programa a actuación de Teatro Curuxán que presenta Spinof, un espectáculo de humor e improvisación. A representación terá lugar o vindeiro domingo, 19 de decembro, ás 20:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval.
A obra está baseada no método Harold de creacións de escena impro. A través de tres historias, conectadas co “efecto bolboreta”, o propio público escollerá aos protagonistas, as súas historias, o contexto e os seus obxectivos: un home de negocios que precisa axuda, unha anciá que só ten lembranzas e unha axente de viaxes que quere rematar a súa xornada para poder descansar. Que relación teñen entre si? E se non son eles e son outras personaxes totalmente distintas? E se nos atoparamos nun mundo fantástico pasando a outros de detectives e rematando cun musical? Neste caos argumental, ao final...
leer más