Teatro
O Concello de Ribadeo organiza o concerto José Suárez. Suite para unha vida que se celebrará este sábado, 23 de abril, ás 20:00 horas no Auditorio Hernán Naval. O prezo da entrada é de 5 euros e 3€ a reducida.
Este proxecto nace coa idea de homenaxear a vida e a obra de José Suárez, tal vez o fotógrafo galego máis recoñecido internacionalmente. José Suárez é un fotógrafo singular dentro da fotografía histórica galega e as súas imaxes teñen unhas características moi definidas que lle dan un claro carácter de autor.
A obra consiste nun concerto de música orixinal escrita para guitarra eléctrica, arpa e teclado, e mentres é executado realízase unha vídeo creación en vivo con fotografía orixinal dixitalizada así como fragmentos de 8mm tamén dixitalizados para a ocasión. Conta coa dirección artística do músico Rafael...
leer másUn salón. Dúas persoas. Unha actriz. Un director. Moito alcohol. Deus. O diaño. Unha proposta. "Todo nunha noite" é a nova montaxe de Abismo Caracol Teatro/Cine dirixida por Darío Autrán ("Salamandra", "Relatos negros", "El cuarto de Mona), que será interpretada por Manuel Manquiña e Angela Andrada o 6 de maio ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Burela.
Sesenta minutos de risas, emoción e reflexión sobre a sociedade e as súas contradicións. Entradas xa á venda en https://entradas.ataquilla.com/.
Ás 20:00h no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Alfoz do 23 de abril a Asociación Cultural Abrente, das Nogais, presenta a súa comedia "As tres solteironas".
Esta comedia, ambientada nos anos 50, caricaturiza a ansia de dúas familias por amañar as súas herdanzas pactando casamentos. Cunha trama argumental que se complica por certos intereses económicos, algún namoramento imprevisto, un cura de armas tomar, envexas, malas linguas e ata unha maga e un enxame de abellas...
Financiada co Plan Único da Deputación Provincial: Área de Cultura, Xornadas de teatro 2022
O Concello de Ribadeo comeza o proxecto Argadelo. As voltas da música ao teatro, incluído no ciclo Cultura nas Parroquias.
Este obradoiro, dirixido a todas as idades, desenvolverá a súa primeira sesión o 18 de abril na Escola das Anzas. A actividade continuará todos os luns en horario de 19:30 a 21:00 horas.
Este proxecto, con vocación comunitaria e arredor do teatro e da música, será impartido polo músico, actor e compositor, veciño de Foz, Mano Panforreteiro.
O colectivo cultural ribadense As Vacas Fracas representa Ay, Carmela. A actuación terá lugar o venres 15 de abril, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal Hernán Naval. O prezo da entrada é de 3 euros. A historia, baseada no texto de Sanchís Sinisterra, conta como uns cómicos republicanos vense obrigados a traballar no bando franquista.
Tamén o 15 de abril, ás 13:00 horas, no quiosco da música ou no Teatro en caso de choiva, actuará Mabel Flores en concerto. A artista fusiona raíces mediterráneas e sudamericanas con pinceladas electrourbanas.
O sábado 16 de abril, ás 20:00 horas, no Auditorio Hernán Naval, presentarase o espectáculo Fala-me!. Trátase dunha fusión de cabaré con música, danza e cultura tradicional coa lingua e o apoderamento como fío condutor da man de Nelson Quinteiro e un magnífico elenco de...
leer másChega a Burela o 9 de abril a nova obra da Compañía Pedras de Cartón que nace na Coruña, mais cunha visión aberta ao exterior, coa intención de crear espectáculos de teatro clásico que podan chegar ao maior número de públicos posible. O espectáculo, dirixido ao público infantil e familiar, dará comezo ás 18 horas na Casa da Cultura. O prezo das entradas será de 2,5 euros.
A compañía conta para esta tarefa con profesionais cunha ampla traxectoria no teatro para a infancia e a xuventude, da man de Juan Rodríguez, socio fundador de Caramuxo teatro.
Co primeiro espectáculo, Lázaro de Tormes, conseguen unha Mención Especial do Xurado no 43º Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro.
Pedras de Cartón aposta por adaptar os clásicos a novas linguaxes e estéticas, que podan resultar...
leer másO 29 de abril a Casa da Cultura de Burela acollerá ás 21:00 horas a estrea de "Lara Hierro", un espectáculo multidisciplinar protagonizado por tres mulleres da xeración milenial.
Lara pon o movemento, Alma a voz e Pneuma a música para falar da fráxil situación do sector cultural e da crise emocional, social e medioambiental que estamos vivindo. As tres figuras que compoñen a peza navegan entre o mundo cotiá e un plano de ensoño onde os seus corpos e discursos se encontran.
"Lara Hierro" é unha chamada ao recoñecemento dos sentimentos de frustración, parálise e esgotamento provocados pola pandemia e a precariedade inherente á nosa xeración.
Un espectáculo de carácter poliédrico dirixido a un público adulto onde as ferramentas a través das que falan son a danza, a palabra, a música e a...
leer másO vindeiro sábado, 2 de abril, ás 20:00 horas será representada na Casa da Cultura de Burela a obra teatral "As Alumnas". Culturactiva Producións chega a Burela con esta representación.
Trátase dun espectáculo dirixido a público adulto sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do estado, especialmente para as mulleres. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas, especialmente das mulleres, é o eixo fundamental da obra. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento.
"As Alumnas" busca facer un exercicio de reapropiación da realidade colectiva e individual, que se...
leer másDurante o 1, 2 e 3 de abril tedes unha cita gastronómica en Trabada!
O Concello de Trabada organiza en colaboración cos establecementos hostaleiros unha nova edición do TapEo.
A Taberna da Curuxeira ofrece as seguintes tapas: empanadillas mariñeiras e carne ao caldeiro; no Novo Bar O Porfirio as tapas que presentan son: capricho de mar e hamburguesa trufada e O Batuxo Meson as tapas que propón son: marinada e o cortello!
O próximo sábado, 2 de abril, visitará Trabada o grupo de teatro Axóuxeres para presentar “Cousas de Mulleres”.
A actuación comezará as 21 horas na Casa da Cultura.
O grupo Lume Escénico, da Pontenova, representa “Cousas de bares”. Poderase desfrutar deste obra o próximo domingo, 27 de marzo, ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.
A representación trata dun accidente de tráfico no que está implicado un coche fúnebre, nun bar aparece un ataúde cun boleto de lotaría dentro. Esta é unha obra de ritmo trepidante e con xiros inesperados. Unha cita fronte ao cemiterio, para un espectáculo… mortal.