Teatro

13/11/2022

Volve o teatro á Casa da Cultura do Vicedo. Nesta ocasión será unha obra profesional a cargo de Ítaca Teatro, de Lugo. Trátase de Formigas no peto. A representación será o sábado, 19 de novembro, ás 20 horas con entrada gratuíta.

O intérprete é Carlos Rebolo. A dramaturxia corre a cargo de Ana Carreira e José Campanari e o director é tamém José Campanari. 

 

Etiquetas:
11/11/2022

Maña sábado,12 de novembro, a asociación Amigos da Maruxaina organiza un magosto a partir das 19:00 horas, na Casa do Mar de San Ciprián. E a continuación os presentes poderán defrutar do Show do Barallocas.
 
O domingo, 13, a asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras e asociación de veciños de San Román de Vilaestrofe, propoñen teatro. A Adala de Fazouro interpretará a súa obra "Vivan os Noivos",  a partir das 19:00 horas no Pavillón de San Román.

 

Etiquetas:
10/11/2022

Alfoz continúa co Mes do Teatro. O vindeiro sábado, 12 de novembro, ás 20:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura Lume Escénico, o grupo de teatro da Pontenova, presenta "Albergue Casa Amarelo. O misterio da Via Rexia" dentro do Ciclo "Elemental?" do Circuíto de Teatro Afecionado 2022 da Área de Cultura da Deputación Provincial.

Comedia. A partir de 12 anos.

Sinopse: A Vía Rexia é a máis antiga do Camiño Norte de Santiago, pero fai séculos desapareceu dos mapas e escritos peregrinos. A razón? un misterio que debe ser resolto na mesma aldea de Xudán. Hai xudeus e xudías en Xudán? O mesmo Paco que ocupa no Vaticano o lugar de Pedro o pescador, busca unha resposta. O grande misterio da cristiandade será revelado.

Etiquetas:
08/11/2022

A compañía Ibuprofeno Teatro chega a Viveiro o vindeiro sábado, 12 de novembro con Smoke on the water. Será ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. Trátase dunha traxicomedia con música en directo. A duración é de 85 minutos. O elenco de actores está formado por: Josito Porto. Belén Constenla, Adrián Ríos, María Costas, Mon Orencio

Sipnose: Traxicomedia sórdida con música en directo. Trátase dunha historia de sexo, drogas, rock and roll, enfermidade, violencia, prostitución, vandalismo, morte e, por suposto, de amor.

Ritchie (Blackmore) vive ancorado no Rock and roll dos 70, ten unha tenda de discos e vinilos de colección. Janis (Joplin) xa hai anos que non canta, estuda filosofía na universidade. A súa unión sobrevive despois de case 25 anos de crise matrimonial permanente, formando un círculo vicioso enfermizo, un...

leer más
Etiquetas:
07/11/2022

La coartada, obra da prestixiosa autora estadounidense Christy Hall versionada e dirixida por Bernabé Rico, está de xira por toda España e este sábado, 12 de novembro, ás 20:00 horas representarase no auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo. Os intérpretes son os recoñecidos actores María Castro, Dani Muriel e Miguel Hermoso.

As entradas xa están á venda na web de Game Over Productions (www.gameoverpro.es) e tamén poderán comprarse na taquilla do auditorio municipal ribadense desde unha hora antes da función. O prezo é de 17 euros (IVE incluído).

A galega María Castro comezou a súa carreira artística na emblemática serie da Televisión de Galicia Pratos combinados. Despois trasladouse a Madrid e participou en series tan exitosas como Sin tetas no hay paraiso, en Tele 5 (...

leer más
Etiquetas:
04/11/2022

Teatro Infantil este sábado, 5 de novembro, coa obra Duncan de Palleiro con Lila Teatro. Será no Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro a partires das sete da tarde e con entrada de balde. 

A actividade enmárcase no Circuíto de Teatro Profesional da provincia de Lugo no Ciclo Miúdos Seráns. Breve sinopse da obra:

“Así é como transcorre un día na vida dun can, pero non dun can calquera. Trátase dun can moi especial que pertence a unha raza mítica, lendaria e con moito prestixio: a de Palleiro. Este can é Duncan de Palleiro, o príncipe das corredoiras.

Duncan leva unha vida sinxela á beira do seu amo Aurelio e dos seus amigos, veciñas e rébanos de sempre, nunha pequena aldea no medio das montañas, chamada Oubidos, da que se sente moi fachendoso.

... leer más
Etiquetas:
01/11/2022

Do 4 ao 6 de novembro terá lugar en Ribadeo a XIX Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón. 

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, contou que “as tres representacións das que poderemos disfrutar serán ás oito da tarde no Teatro. E as entradas poderán mercarse ao prezo de 3 euros alí mesmo na billeteira”.

A edil ribadense explicou que “a décimo novena edición da Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón arrinca este venres, 4 de novembro, con Avelaíña Teatro, de Vigo, que porá en escena A Lola. Seguiremos o sábado, día 5, cun grupo de aquí ao lado. Lume Escénico, de A Pontenova, que representará Albergue Casa Amarelo. E xa o domingo desde Ferrol chegará Opaí Teatro con De marzo a marzo”.

Otero Cabarcos anima “ás persoas amantes do teatro a achegarse ata Ribadeo estes días para...

leer más
Etiquetas:
29/10/2022

Unha vez ao mes, a Casa da Cultura de Trabada acollerá unha obra de teatro

O Concello de Trabada anuncia o inicio dos Ciclos Teatrais Mensuais, que proporán unha representación teatral cada mes na Casa da Cultura. Deste modo, o primeiro sábado de cada mes, entre novembro e xuño de 2023, os veciños e veciñas poderán gozar dunha obra de teatro distinta. 

“Dende o Concello damos continuidade a esta iniciativa cultural e confiamos no seu éxito, como xa pasou noutras edicións”, sinala Mayra García Bermúdez, alcaldesa de Trabada. 
O programa comezará o próximo sábado 5 de novembro, coa obra “Tres” do grupo El Cioyo. Todas as representacións son gratuítas e comezarán ás 21:00 horas na Casa da Cultura. 

En decembro será a quenda do grupo Axouxeres de Vilaronte, con “Cousas de Mulleres”,...

leer más
28/10/2022
A Área de Cultura, cuxa responsable é Marisa Goás, presenta a programación para o mes de novembro dedicada ao teatro. Todos os sábados de novembro, ás 20:30h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz. Para todos os públicos. A entrada é libre e gratuíta.
 
• sábado 5 de novembro: o grupo de teatro Ítaca presenta a obra "Anacos" dentro do Ciclo de Teatro Profesional da Área de Cultura da Deputación Provincial.
 
• sábado 12 de novembro: Lume Escénico da Pontenova presenta a comedia "Albergue Casa Amarelo. O misterio da Vía Rexia" incluído no Ciclo de Teatro Afecionado da Área de Cultura da Deputación Provincial.
 
• sábado 19 de novembro: Trípode e amigos presenta  a comedia "O muro...
leer más
Etiquetas:
26/10/2022

O vindeiro martes, 1 de novembro, ás 20:30 horas dará comezo no multiusos Ponte de Cuñas o IV Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que “a obra que abrirá o concurso será A morte morrida, unha divertida comedia representada polo grupo de teatro O Centiño, de San Martiño (Foz). A entrada terá un prezo simbólico de 3 euros. A programación completa deste certame, que se desenvolverá ao longo do mes de novembro, pode verse nas páxinas oficiais do Concello, nos folletos distribuídos en comercios e bares da localidade, nun panel que estará instalado na Praza do Concello e tamén se repartirán folletos os días das representacións. Antes de cada función repartiranse entre o público asistente, de maneira aleatoria, unhas tarxetas para que dean o seu parecer sobre a obra a concurso e...

leer más