Nadal
A Concellería de Educación e Cultura de Lourenzá acaba de presentar a súa programación lúdica de Nadal para os máis pequenos. Entre os actos máis importantes destacan: a visita de Papá Noel á vila hoxe, martes, 23 de decembro; a realización de diferentes obradoiros de xogos no Ximnasio Multiusos, os días 22, 23, 26, 29 e 30; a actuación de Cantos de Nadal, o domingo 28 de decembro na Igrexa de Santa María de Valdeflores; e a petición do aguinaldo por parte dos nenos laurentinos, o luns 2 de xaneiro, nos diferentes comercios e domicilios particulares da vila. Os actos rematarán coa celebración da tradicional Cabalgata dos Reis Magos o luns 5 de xaneiro, que partirá da parroquia de San Xurxo para percorrer primeiro o val de Lourenzá e chegar finalmente a Vilanova ás 18:30 horas para levar a cabo o desfile polas rúas da...
leer más
O Concello de Lourenzá presentou hoxe as bases para participar nos dous concursos infantís de Nadal que mantén abertos. Os nenos e rapaces do municipio poderán participar tanto no Concurso de Postais de Nadal, que se celebra por primeira vez no municipio, coma no xa tradicional Certame de Poesía. Nos dous casos, os traballos deberán ser entregados na Biblioteca Pública e sometidos ó veredicto dun xurado formado por técnicos da área de Cultura do Concello. O prazo para entregar os poemas de Nadal remata o día 22 de decembro, mentres que a data elixida para presentar as postais será o vindeiro mércores 10 de decembro. Haberá tres gañadores para o concurso de poesía e un para o de postais.
...
leer másO Concello de Foz organiza, a través da súa biblioteca pública municipal, e en colaboración con Radio Foz e a Oficina de Información ao Consumidor, o seu XIII Concurso de Postais de Nadal. No certame, que dende a organización destacan que é o máis antigo da comarca, poderán participar tódolos rapaces que o desexen con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos.
Os participantes optarán a un primeiro e a un segundo premio en cada unha das tres categorías: infantil ata 6 anos, infantil de 7 a 10 e xuvenil de 11 a 16. Tamén haberá un premio especial para o colexio do que forme parte o alumno premiado. O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 26 de novembro e o fallo do...
leer más