Homenaxe
Os locais hostaleiros de Burela que queiran participar na homenaxe á Feira do Bonito, que se renderá do 5 ao 8 de agosto, poden anotarse ata o vindeiro martes, 20 de xullo.
Desde o Concello “animámosvos a participar durante a fin de semana máis bonita do ano a ofrecer tapas, menús, carta… confeccionados con bonito do Norte de Burela”.
Os bares, mesóns e restaurantes que queiran sumarse a esta homenaxe á Feira do Bonito e a Ledicia poden anotarse chamando ao seguinte número de teléfono: 982 82 62 66 ou enviando un mail a feiradobonito@burela.org antes do vindeiro martes, 20 de xullo.
Desde o Concello explican que “o único que teñen que facer é indicar o nome do seu local e o que van ofrecer: tapas, racións, menús, carta… o que cada un elixa...
leer másA Fundación Imdecum organiza un acto de homenaxe dedicado aos Heroes do Orzán. Coincidindo co que sería a apertura do Memorial Heroes do Orzán de Fútbol Sala Base 2021, o mércores, día 23, honrarase a memoria de Rodrigo Maseda, José Antonio Villamor e Javier López nun acto que terá lugar no monolito en recordo do policía burelao, no Cantiño, ás 16.00 horas.
Participarán xunto ao presidente da Fundación Imdecum, Marcelino Luna, e Isabel Lozano -nai do policía burelao-, representantes do Concello de Burela e da Policía de Viveiro.
O antedito acto dará continuidade a unha homenaxe sobre a pista de Vista Alegre, co amigable cadete entre dous equipos habituais na cita, o Pescados Rubén Burela FS e o EDM Concello de Guitiriz (18.30 horas).
Alfoz, Foz, Barreiros e Viveiro acollerán nos vindeiros sete días cadansúa intervención artística arredor da figura de Rosalía de Castro. Os graffiteiros e muralistas Manuel Andrés Pallín, de Concepto Circo, e Van Kraft encargaranse de realizar murais que evocan a autora en diferentes espazos públicos.
No caso de Alfoz, o mural realizarase nun lateral do pavillón polideportivo mañá martes. O venres, a intervención será nun muro do polideportivo situado a carón da Praza de Rosalía de Castro de Foz, no Campo da Cabana. O sábado será a quenda de San Cosme de Barreiros, que homenaxeará Rosalía no parque de skate situado a carón do teleclube, recentemente instalado. Por último, o luns 19 a figura da autora cabeceira da literatura galega renovará a entrada da biblioteca pública de Viveiro.
As intervencións artísticas...
leer másDesde o Concello explican que “hai uns días avanzabamos que un dos actos principais que temos programado para este 8 de marzo, Día da Muller, é un recoñecemento ás Mulleres Solidarias do noso concello. E agora xa desvelamos de quen se trata: a nosa particular homenaxe vai para Mari, Angelines, Victoria, Adeli, Margarita, Carmen, Mari Luz e Nati, que coas súas propias mans teceron milleiros e milleiros de máscaras durante o confinamento. Grazas”.
Este luns, 8 de marzo, ás 17:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura, terá lugar un recoñecemento a todas elas polas súas puntadas de solidariedade.
Ademais o Concello organiza o concurso virtual que temos programado con motivo deste 8 de Marzo, Día da Muller:
Qué muller che inspira? “Explícanos cal é a muller que che inspira dunha forma creativa (foto,...
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, vai celebrar o día da muller cunha homenaxe ás mulleres que colaboraron na confección de máscaras durante o estado de alarma.
Este acto vaise celebrar o sábado, 6 de marzo, ás 12:00 horas, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove.
O vindeiro 6 de marzo Ribadeo renderá homenaxe a todas as mulleres coa inauguración dunha escultura de ferro, que foi deseñada pola artista Ana Vidal Suárez e realizada polos Ferreiros de Mazonovo. Deste xeito conmemorarase o Día Internacional das Mulleres.
A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, sinalou que “este 8 de marzo, marcado pola pandemia que estamos a vivir desde a Concellaría de Igualdade de Ribadeo queremos aproveitar esta efeméride para facer un homenaxe a todas as mulleres do noso concello. Queremos ensalzar ás mulleres, como provedoras deses coidados invisibles en moitas ocasións, como suxeitos que resisten e soportan as discriminacións cotiás polo único feito de ser mulleres. Como aquelas, que están a sufrir aínda máis as consecuencias da pandemia. Por elas e para elas !! Por iso, o vindeiro 6 de marzo ás 12....
leer másNesta fin de semana tan singular, dende a Sociedade Cultural Ledicia agradecen as mostras de cariño e apoio recibidas ante a "non celebración" da Feira do Bonito.
Amig@s e veciñ@s traballando desinteresadamente, coa colaboración de entidades públicas e privadas, conseguimos que a Feira do Bonito sexa un dos grandes eventos do verán da Mariña de Lugo, que cumpría 35 anos en 2019 cun recoñecemento moi especial.
Como xa se comunicou dende o Concello de Burela, este sábado 1 de agosto lembrarase a Feira e o mundo da pesca cun dos actos que tería lugar ese día: o izado da bandeira azul do barco-museo Reina del Carmen, que ADEAC lle otorga en recoñecemento ao seu labor como elemento didáctico e divulgador da historia mariñeira de Burela.
Ademais, dende hai uns días, na fachada da biblioteca municipal están...
leer másBurela celebra este sábado 1 de agosto una xornada de lembranza á Feira do Bonito e unha homenaxe á xente do mar, dentro das restricións impostas pola nova normalidade.
Segundo declarou o alcalde de Burela, Alfredo Llano, “estase achegando ao día 1 de agosto, que era o marcado para celebrar a Feira do Bonito, pero coas circunstancias que xa son coñecidas e recoñecidas, xa non vamos a redundar nelas, vamos tratar de lembrar polo menos o día da celebración da Feira do Bonito cun acto moi pequeniño, pero que é moi notorio e supoño que nos vai servir para facer unha homenaxe á xente do mar, á pesca e aos actos pesqueiros en xeral”.
Alfredo Llano explicou que “o sábado ás 12 da mañá, tiñamos previsto facelo á unha e media da mañá, pero vamos facela as 12 para favorecer que veña xente ata alí. Vai ser as 12 do medio día. A esa hora vamos a...
leer másA campaña #DegustaAMariña rende homenaxe do 31 de xullo ao 2 de agosto ao bonito, na fin de semana na que tería que celebrarse a Feira en Burela.
O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, dixo que “o que estamos a facer deste o 24 de xullo é lembrar e homenaxear ás festas gastronómicas da comarca que este verán foron canceladas. Primeiro foi a pescada do pincho e agora facémolo co bonito. O que pretendemos ademais é fomentar o consumo dos produtos de tempada desta zona que todos os bares, mesóns e restaurantes teñen nas súas cartas”.
Paleo anima “á xente da comarca e aos turistas que nos visitan a saborear e a disfrutar dos produtos do noso mar e da nosa horta. O que tentamos é potenciar o seu consumo durante as fins de semana ata finais de agosto. E que cada persoa que deguste pescada, bonito, marisco, etc…...
leer más