Eventos
A programación organizada polo Concello de Foz para conmemorar o Día Internacional da Muller inclúe unha concentración, dúas representacións teatrais, unha sesión de contacontos, un obradoiro e unha exposición.
A concelleira de Muller e Igualdade, Elena Martínez Pena, anuncia que “como cada ano, con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Foz súmase a esta xornada de reivindicación e loita, pois é un día no que se celebran os dereitos conquistados polas mulleres en todos os ámbitos e conmemora a longa historia de loitas e sacrificios que tiveron que levar a cabo para acadalos. A nosa programación de actividades prevista para este 8M está chea de reivindicación, cultura e moita forza”.
A programación dará comezo o venres ás 19:00 horas coa concentración diante do Concello...
leer másA Concellería de igualdade do Concello de Barreiros pon en marcha un novo programa de axuda á conciliación en época de vacacións escolares financiado a través da subvención de igualdade da Xunta de Galicia na liña de conciliación.
Así, preséntase o programa +CONCILIA MARZO que favorece a conciliación familiar para esta Semana Santa con actividades para os días 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril de 2024 en horario de 9:30 a 13:30 horas.
Esta actividade está destinada a crianzas nadas do 01/01/2012 ao 31/12/2020 e será totalmente GRATUÍTA para as familias.
Desenvolverase no CEIP de San Cosme de Barreiros, aínda que de forma puntual e atendendo ao requirimento das actividades programadas farase uso doutros espazos ou instalacións próximas no termo municipal.
As...
leer másO desfile de Entroido de Lourenzá, que se celebra tradicionalmente o Domingo de Piñata, trasládase ao día 17 de marzo a partir das 16:30 horas. Foi aprazado o 18 de febreiro polas eleccións autonómicas e o 25 do mesmo mes debido ás adversas condicións meteorolóxicas.
A inscrición deberá facerse unicamente a través do correo electrónico entroidolourenza@gmail.com ata o venres 15 de marzo de 2024 ás 21:00 horas. A organización confirmará a inscrición, sendo preciso que faciliten un teléfono de contacto.
Os participantes que xa estaban apuntados para o desfile previsto para o 25 de febreiro non teñen que volver enviar a folla de inscrición, pero si deben confirmar a participación nesta nova data.
A recollida de dorsais para participar no...
leer másVIA Alfoz organiza a décima edición da tradicional ofrenda floral na conmemoración do Día Internacional da Muller. O eventolevarase a cabo mañá sábado 9 de marzo ás 12:00 horas nas inmediacións do Castelo do Castrodouro. “Un ano mais, e xa van dez, convidamos a toda a veciñanza que libremente queira participar nesta ofrenda foral” indican desde VIA Alfoz, recordando que, coma cada ano, se depositarán doce caraveis brancos no cruceiro do Castelo do Castrodouro, “a cor branca simboliza a paz e os doce os meses do ano, pois debemos honrar ás nosas mulleres tódolos días”.
Antes de depositar as flores, lerase un escrito “en homenaxe ao enorme traballo das nosas mulleres, e en especial para as mulleres de Alfoz, que loitan cada día polo futuro do noso pobo”, Indican desde VIA Alfoz.
O acto contará, entre outros, coa...
leer másA parroquia de Vilaouruz, no concello de A Pontenova, celebrará a Festa da Pascua o sábado 30 de marzo.
A partir das 14:00 horas haberá sesión vermú e ás 20:00 horas empezará una sesión de tarde noite amenizada pola orquestra Stereo Music Show.
Dende o Concello de Alfoz programáronse diferentes actividades para celebrar o Día Internacional da Muller.
A semana do 8 de marzo a Casa do Concello estará tinguida de violeta como apoio a todas as mulleres.
“Neste tipo de conmemoracións téndese a traer conferenciantes ou artistas de fóra dos concellos cando o mellor exemplo o temos dentro” apunta Eliseo Lorenzo, delegado de Igualdade do Concello de Alfoz. Por este motivo, o 8 de marzo publicarase a I edición “Mulleres de Alfoz”, con infografías sobre mulleres relevantes do noso concello que serven de exemplo e foron pioneiras na súa vida profesional.
“Non foi doado facer unha selección para esta primeira edición xa que no noso concello contamos con mulleres de carácter que se abriron camiño con valentía e esforzo” afirma o concelleiro...
leer másA Casa da Cultura de Burela acollerá o venres 8 de marzo ás 20:00 horas o pregón e a presentación do cartel da Semana Santa da localidade.
O pregoeiro será Mario Ferreiro, cofrade e anterior presidente da Cofradía da Semana Santa de Burela.
No acto actuarán Dambara-Santo Inocencio e Acordeonistas da Mariña.
A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará a ruta Camiño Vello de Aldosende, en Paradela, o sábado 9 de marzo. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 45 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:00 horas desde a estación de autobuses de Burela.
É unha ruta de dificultade moderada, con 11 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.
As persoas que queiran participar deben anotarse antes do 7 de marzo.
A alcaldesa María Loureiro convida a veciñanza "a participar nas actividades para conmemorar esta data tan sinalada e importante, para seguir loitando pola igualdade plena entre homes e mulleres e construír deste xeito unha sociedade mellor".
Pola súa banda, a concelleira de Muller e Igualdade, Lara Fernández Fernández-Noriega, destaca a importancia de conmemorar este día "para recoñecer tanto os avances feitos ata o momento en materia de igualdade de xénero e feminismo como para reivindicar os que aínda están por facer".
A programación comezará o propio día 8 de marzo co acto institucional do Día Internacional da Muller e a lectura do manifesto ás 12:30 na praza Maior.
Ao día seguinte, o sábado 9, terá lugar ás 20:30 a representación da obra 'Boa sorte, mala fama' no Teatro Pastor Díaz ás 20:30, e, ás 22...
leer másO Concello de Cervo pon en marcha unha serie de guateques itinerantes que achegarán música en directo os sábados ás diferentes parroquias, en colaboración coas asociacións de veciños de cada lugar.
Esta iniciativa, aínda que aberta á poboación en xeral, forma parte do programa integral de envellecemento activo “Arruguiñas” que arrincou este pasado mes de febreiro con gran éxito de participación e que inclúe talleres de memoria, talleres terapéuticos ou rutinas de exercicios para contribuír a dinamizar o día a día da veciñanza maior de sesenta anos e fomentar a súa socialización, para que se manteñan activos e activas físico e mentalmente.
Tal e como explicou a alcaldesa, queremos ofrecerlle á veciñanza que se atope nesta etapa de madurez todas as ferramentas e os recursos posibles para mellorar o seu...
leer más