Eventos
Correos vuelve a poner en marcha a partir de mañana en el Camino del Norte a su paso por Ribadeosu servicio Paq Mochila, para eltransporte de mochilas y maletas de un alojamiento a otro. El servicio, que permite a los peregrinos caminar sin cargar su equipaje, estará disponible en las principales Rutas del Camino de Santiago.
Además del Camino del Norte desde Irún, el servicio de traslado de equipajes estará disponible enel Camino Francés desde Roncesvalles y Somport, en el Camino Portugués desde Tui y A Guarda –incluida la Variante Espiritual-, en el Camino Primitivo desde Oviedo, en el Camino Inglés desde Ferrol, en el Camino de Invierno desde Ponferrada, en la Vía de la Plata-Camino Sanabrés desde Ourense y en el Camino a Fisterra y Muxía.
El funcionamiento del Paq Mochila es muy sencillo. El cartero pasará a...
leer másOs actos da Semana Santa de Ribadeo celebraranse desde o 22 ata o 31 de marzo.
Empezarán o día 22, Venres de Dolores, ás 20:00 horas cunha misa solemne na igrexa parroquial de Santa María do Campo.
O sábado 23 ás 20:00 horas haberá a celebración vespertina do Domingo de Ribadeo e ás 20:30 horas terá lugar o pregón a cargo do bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco. No acto actuarán a Coral Polifónica de Ribadeo e o Coro Sagrado Corazón.
Para o día 24, Domingo de Ramos, está programada unha procesión desde a igrexa, ás 11:15 horas, e a bendición dos ramos na Praza de Abaixo. E ás 12:00 horas celebrarase a Eucaristía no Domingo de Ramos na Paixón do Señor.
O luns 25 ás 22:00 horas celebrarase o XXV Vía Crucis, que estará presidido polo bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García...
leer másO pavillón municipal de Riotorto acollerá o mércores 27 de marzo desde as 22:30 horas unha cea colaboración organizada pola comisión de festas de San Cristóbal.
Despois de cear empezará o baile amenizado pola orquestra Saudade e o DJ Bombardero. Tamén sorteos, sorpresas e servizo de bar.
O prezo é de 30 euros para adultos e de 18 euros para os nenos de 3 a 10 anos de idade.
Vilaseca é un lugar da parroquia de Santa Marta de Meilán, no concello de Riotorto, que celebra as súas festas na honra a San Xosé e a Nosa Señora os días 16, 17 e 23 de marzo, nun campo cuberto con carpa.
O sábado 16 ás 13:30 horas haberá misa solemne e procesión. A continuación terá lugar a sesión vermú, amenizada pola orquestra Salsarena, que tamén actuará pola noite na verbena, xunto a Tania y su acordeón.
O domingo 17 ás 13:45 horas celebrarase misa solemne e procesión. E despois haberá sesión vermú prolongada, co dúo Eclipse.
E o sábado 23 ás 13:30 horas será a misa solemne e procesión. A continuación terá lugar a sesión vermú, amenizada por Verónica Cambón. Seguidamente celebrarase un xantar popular e pola tarde noite haberá verbena, con Verónica Cambón e o dúo Belinda.
...
Los actos de la Semana Santa de Mondoñedo, que está declarada de interés turístico gallego, comenzarán el 23 de marzo, sábado, con el pregón y concierto que se celebrará en la catedral mindoniense a las 20:00 horas.
El pregón correrá a cargo del periodista Ramón Loureiro y después cerrarán el acto el contrabajista Daniel Pérez Soto y el Coro Escola de Música.
A Área de Cultura do Concello de Alfoz organiza para esta Semana Santa, concretamente o mércores 27 de marzo, unha festa infantil “para que os máis novos desfruten con inchables, globoflexia, xogos xigantes, e sorpresas. A entrada é libre e de balde e a actividade está dirixida a todos os nenos e nenas que queiran vir pasar a tarde con nós”.
Será no pavillón municipal de Alfoz de 16:30 a 20:30 horas.
A asociación de veciños San Pedro da Ribeira, de Saldoira (A Pontenova), organiza unha comida para o sábado 16 de marzo ás 14:00 horas.
O menú inclúe callos, codillo asado con patacas, sobremesa, café e chupito. O prezo é de 20 euros para as persoas asociadas ao colectivo organizador e de 25 euros para as no que non o son.
A data límite para anotarse é o 11 de marzo.
O salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz acollerá unha actuación do mago Rafa o sábado 16 de marzo.
O Concello de Alfoz explica que o mago Rafa é “un ilusionista nado en Lugo que leva máis de 25 anos traballando con dous obxectivos comúns: divertir e sorprender. Durante todo este tempo traballou para conseguir un estilo que o caracteriza, a proximidade. Os seus espectáculos baséanse na proximidade co público, de maneira que eles marquen o ritmo da diversión para dar lugar á sorpresa. Proximidade que utiliza para aproximar aos espectadores a un mundo de fantasía onde vive o mentalismo, as adiviñacións, as viaxes de obxectos imposibles,... Pero sempre coa súa tarxeta de presentación: un humor cotián e desenfadado para facer gozar a públicos de todas as idade”.
O Concello de Cervo anima a asistir ao I Festival do Guioncho que terá lugar, da man da A.C. Comisión de Festas de Lieiro, o 13 de abril nunha carpa instalada na Praza dos Campos.
A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, pola tenente de alcaldesa, Mali Méndez, e por unha representación da asociación que se encarga do evento que terá como cabeza de cartel a El Combo Dominicano, acompañado pola orquestra Waykas.
A entrada anticipada por un prezo de 10 euros pode adquirirse nos locais comerciais ou ese mesmo día en taquilla a partir das 18:00 horas.
Haberá tamén servizo de autobuses con saída ás 22:00 horas desde Viveiro e Burela.
Desde o Concello do Valadouro informan que aínda quedan dispoñibles postos para o XVIII Mercado de Primavera.
A data máxima para a recepción de postos de mercado é o vindeiro xoves, 14 de marzo, ás 20:00horas e as persoas interesadas en contar cun posto poden conseguir a información a través do teléfono de contacto 982 57 15 16 de 9 a 14 horas e de 16 a 20 horas de luns a venres laborables.
Desde o Concello indican que “esta é unha data das máis importantes do ano no Valadouro e pretende recuperar un mercado que se realizaba na vila a mediados do século pasado e que cada ano conta con máis seguidores”.
Celébrase o sábado máis próximo ao 25 de marzo, que este ano coincide a 23.
As persoas interesadas poden obter máis información na páxina web e nas redes sociais...
leer más