Eventos
Con motivo da Semana Santa, Ana de Guía tu día organiza varias visitas guiadas durante a ponte festiva.
O xoves 28 e venres 29 serán unhas visitas combinadas en Ribadeo, visitando o casco histórico e o barrio indiano de San Roque onde "coñeceremos de preto a historia do porto comercial de Ribadeo reflectido nas súas casas de comerciantes e edificios emblemáticos e a pegada que deixaron os indianos na vila coas súas chamativas vivendas".
O sábado 30 a visita será en Mondoñedo para coñecer outro dos cascos históricos emblemáticos da comarca, rememorando as persoas ilustres que aquí habitaron e visitando o afamado barrio dos muíños "aquí desenvolvéronse os oficios que daban servizo a esta cidade grazas aos muíños e canais de auga".
Os paseos guiados terán unha duración aproximada de 2...
leer másVolve a Lourenzá o Vilou Spring Fest, que nesta edición conta coas actuacións das orquestras Panorama e El Combo Dominicano. Será o 28 de marzo, día de Xoves Santo, no recinto feiral de Vilanova de Lourenzá, onde estará instalada unha carpa de grandes dimensións.
Haberá sesión vermú desde as dúas da tarde cos DJs Billy e Dani Rego e a partir das 10 e media da noite celebrarase o festival cos mesmos DJS e as orquestras El Combo Dominicano e Panorama, que presenta a xira 2024.
Este mércores, 27 de marzo, haberá un novo guateque de Arruguiñas, da man do Dúo Matices. Será nas Escolas Vellas de Cervo ás 20:00 horas.
Está organizado polo Concello de Cervo coa colaboración da asociación cultural Airiños do Xunco.
O Concello de Cervo anuncia: “nesta Semana Santa temos actividades programadas para os máis pequenos da casa: inchables, xogos interactivos, portería de puntuación,...”
O luns, martes e mércores as actividades desenvólvense na Praza dos Campos, de San Ciprián, de 13:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas (de 11:00 a 13:00 horas está reservado para Cervo Concilia). E xoves e venres serán na Praza do Souto, de Cervo, de 17:00 a 20:00 horas.
Ribadeo ofrece visitas guiadas gratuítas durante a Semana Santa. Este ano, por primeira vez, chegan ao Forte de San Damián, a fortificación costeira mellor conservada da costa cantábrica.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, explica que “a Concellería de Turismo de Ribadeo ofrece un ano máis durante a Semana Santa as súas visitas guiadas. Estas distribúense ó longo de toda a semana que vén e ofrécense de forma gratuíta a todas as persoas interesadas, tanto residentes como visitantes. Para poder formar parte delas só se require inscrición previa, que se pode realizar a través da páxina turismo.ribadeo.org, escollendo a visita desexada no apartado Momentos da pestana Facer”.
A edil ribadense conta que “as visitas divídense en tres grupos, dependendo da ubicación do percorrido: as que percorren o casco histórico...
leer másO Centro de Educación Medioambiental Gaia do Concello de Burela organiza os talleres Manualidades e Xogos con Gaia os días 25, 26 e 27 deste mes.
Serán na praza da Mariña de 11:00 a 13:00, e a participación será gratuíta. En caso de choiva moveranse á praza de Abastos.
A concelleira de Cultura Medioambiental e Ecolóxica e responsable do centro Gaia, Lina Gómez Pardo, anima "a todos os nenos e nenas de Burela a participar nestes talleres para aprender de xeito divertido sobre o coidado do medio ambiente".
Acisa Ribadeo se prepara para la Semana Santa, con la que considera que arranca la temporada turística local. Las expectativas son muy buenas para la hostelería.
Según anuncia Carmen Cruzado, presidenta de Acisa: “la Semana Santa ya está aquí y desde Acisa tenemos todo preparado: materiales turísticos, ampliaciones horarias, aperturas en festivos y campañas de promoción”.
Cruzado Iglesias subraya que “desde Acisa Ribadeo ya tenemos todo preparado para dar comienzo a la Semana Santa y por tanto la temporada turística ribadense. Estamos de lleno metidos en faena entre hoy, 22 de marzo, y el 31 Ribadeo será un referente turístico indiscutible. Y a partir de ahí se puede decir que la temporada turística continua, ya sabemos que en abril se celebra el Tapeo del Concello de Ribadeo, cita que atraerá visitantes a...
leer másO Concello de Burela súmase á Hora do Planeta o 23 de marzo apagando a iluminación do muro de Amarte
O Concello de Burela sumarase este sábado, día 23 de marzo, á iniciativa global A Hora do Planeta, apagando durante unha hora a iluminación do muro de Amarte.
O apagado terá lugar á vez que o de miles de edificios e monumentos de todo o mundo, comezando ás 20:30 do horario da España peninsular. A nivel estatal son xa 391 os municipios que se teñen sumado á iniciativa, que o ano pasado logrou chegar a 500 municipalidades.
Burela foi unha das 100 primeiras de toda España en anunciar a súa adhesión á iniciativa este ano, razón pola cal foi premiada con varias camisetas conmemorativas. Ademais, é un dos 21 concellos galegos en fomar parte da mesma.
A concelleira de Cultura Medioambiental e Ecolóxica, Lina Gómez Pardo, anima á veciñanza "a participar tamén na reivindicación, apagando a luz das...
leer másO Grupo de Participación Xuvenil do Concello de Viveiro, integrado por 12 mozas e mozos, organiza este sábado, 23 de marzo, un Scape Room deseñado por eles e destinado á mocidade de 12 a 17 anos.
A actividade será no pavillón Antonio Tarrío a partir das 17:00 horas. A mocidade interesada en inscribirse, en grupos de como máximo seis persoas, pode facelo no mail p.v.x.grupodeparticipacion@gmail.com ou no instagram @p.v.x.2022 indicando nome e apelidos das persoas integrantes e un teléfono de contacto.
“Esta actividade da continuidade ao traballo feito polas mozas e mozos integrantes do grupo de participación xuvenil, que se enmarca dentro da aposta do municipio pola atención á infancia e adolescencia e a importancia de que asuman roles activos de...
leer másA Concellería de Turismo de Burela ten organizado diversas actividades para complementar a programación central da Semana Santa no municipio. Realizaranse dúas XeoRutas e varias visitas ao barco-museo “Reina del Carmen”.
“Por unha banda, para seguir promovendo as XeoRutas, que tanto éxito tiveron anteriormente, vaise facer unha nova XeoRutao xoves 28 de marzo pola zona do Perdouro, de 10:30 a 13:30, e outra pola zona da Marosa o sábado 30 de 16:30 a 19:30”, explica o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey.
O roteiro do Perdouro percorrerá 3,2km “polo conxunto de pregues mellor conservado de Galicia, camiñando baixo arcos rochosos”. O da Marosa será de 7,8km con dificultade baixa, e permitirá descubrir a orixe dos granitose das “formas tan caprichosas que se atopan nesta parte da costa de Burela”.
... leer más