Eventos
O Concello de Burela celebra que o programa ‘El Grand Prix del Verano’ seleccionase o municipio para participar na súa edición de 2024.
Burela convértese deste xeito nunha das 14 localidades de toda España elixidas para participar no mítico concurso de Televisión Española. Competirán en 7 eliminatorias, dúas seminifinais e unha gran final.
Despois dunha exitosa edición o pasado ano liderando a súa franxa, o ‘GrandPrix’ volve este verán. Burela será a encargada de representar a Galicia neste concurso.
Con este motivo, mañá, sábado 20 de abril, o equipo do programa visitará a praza do Concello para a realización dun vídeo, a cuxa gravación ás 13:30 está convidada toda a veciñanza.
A alcaldesa de Burela, Carmela López, destaca “a alegría que supón que o noso municipio estea presente...
leer másO sábado 27 de abril a partir das 21:30 horas celebrarase en San Adriano (Lourenzá) unha cea baile que estará amenizada pola orquestra Magos e DJ Billy.
As persoas interesadas en participar poden recoller as tarxetas ata o día 23 de abril nos seguintes establecementos: Xiraldo, Gayoso, Baos, Pipote, Galaxia, Aturuxo, Morrigan ou Torreón.
Este evento, que terá lugar na Nave de Seco, está organizado pola comisión de festas de Santa Filomena 2024.
A décimo quinta edición da Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto celebrarase este domingo, 21 de abril.
As actividades empezarán ás 11:00 horas coa apertura da feira, na que haberá artesanía dos ferreiros de Riotorto, exposición de artesáns e produtos do campo.
A partir das 11:15 horas haberá demostración de oficios artesáns e ás 12:00 horas actuará o Coro de Riotorto. A inauguración oficial está programada para as 12:15 horas e ás 12:45 horas terá lugar un obradoiro do ferro infantil. Para os máis pequenos haberá tamén un espectáculo de maxia ás 19:00 horas no atrio da igrexa.
A animación musical da xornada correrá a cargo dos gaiteiros de Riotorto e a charanga NBA.
O recinto feiral estará cuberto con carpa.
La asociación Sendeiriña, de Mondoñedo, organiza una visita cultural al Pazo do Faramello, en el municipio de Rois, y a Padrón. Será el 28 de abril, domingo, y el plazo para apuntarse finaliza el 25 de abril.
Las personas interesadas en más información y en las inscripciones pueden contactar con la organización a través del teléfono 679.16.61.83.
A asociación cultural A Tribo da Travesía organiza o IV Baile da Travesía que se celebrará no Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo) este venres, 19 de abril, a partir das 20:30 horas.
Actuarán os grupos Oreya y media, SCR Ledicia e Os pandereteiros do inferno.
Burela acolle o I Encontro de Coros Infantís e Xuvenís da Mariña Lucense "MariñaEnCanto", organizado pola Fundación Bal y Gay. Desenvolverase do venres 19 ó domingo 21 de abril: o sábado celebrarase o ensaio xeral e o domingo ás 12:30 horas o Auditorio de Burela acollerá o concerto de clausura, aberto ó público.
Participarán entre 200 e 250 alumnos de centros de Burela, Viveiro, Foz e Ribadeo.
La Fundación Expomar presenta una nueva edición de sus Xornadas Técnicas y Encontro Empresarial, que se celebrarán el 8 y 9 de mayo en el puerto de Burela para abordar los nuevos retos y dificultades que afronta el sector pesquero.
El foro será como siempre abierto al público en el salón de actos de la Cofradía de Pescadores de Burela a partir de las 16:30h tanto del miércoles 8 como del jueves 9 de mayo. Como ya es habitual en las últimas ediciones, las jornadas también se podrán seguir online desde la web www.expomar.com.
Las Xornadas Técnicas 2024 contarán con la participación del conselleiro do Mar de la Xunta de Galicia, Alfonso Villares, que inaugurará el evento acompañado por la presidenta de la Fundación Expomar y alcaldesa de Burela, Carmela López.
... leer másOs días 27 e 28 de abril e o 4 de maio seguirá o programa de Xeoturismo da Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística. A Cova do Rei Cintolo, Xove e A Frouxeira serán as localizacións das vindeiras actividades xeoturísticas.
O 27 de abril ás catro da tarde dará comezo a visita á Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo. Trátase da cova máis grande de Galicia e unha marabilla natural, que foi obxecto de numerosos estudos arqueolóxicos. Son 7.000 metros de galerías dunha cova que acada un desnivel máximo duns 75 metros, con lagoas interiores e un río soterrado, o Celtas. As persoas que participen nesta xeovisita poderán ver diversas especies de morcegos e invertebrados acuáticos así coma o diminuto Iberobathynella ortizi. A Cova do Rei Cintolo tamén está envolta en lendas, que sorprenderán ao viaxeiro.
... leer másO 18 de maio terá lugar a sétima edición dos Cantos de Taberna, que organiza o Concello de Ribadeo. No acto de presentación do evento participaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Turismo, Marta Saiz.
A edil ribadense indicou que “seguramente moitos de vos recordaredes eses xuntanzas festivas dos anos 50 ou 60 nas que unha tasca, unha xarra de viños e un grupo de amigos eran máis que suficiente para poñer en marcha un improvisado concerto de cantigas populares. Probablemente moitas das pezas populares que hoxe se conservan xurdiron desa espontaneidade de antaño”.
Marta Saiz subliñou que “hoxe esta actividade converteuse nunha cita ineludible para os amantes da música e atrae a numerosos grupos de distintos puntos de Galicia e Asturias, creando un ambiente festivo nos diferentes locais de hostalería....
leer másEste sábado, 20 de abril, haberá un novo guateque de Arruguiñas, que será amenizado polo dúo Eclipse. Será na Escola de Rúa ás 21:00 horas.
Está organizado polo Concello de Cervo en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras.