Sorteados os 1.000 euros en vales de compra da campaña do día da nai de Acia Foz

Hoxe, xoves, foron sorteados os premios da campaña do Día da Nai de AciaFozCCA.

As persoas premiadas con 200 euros en vales de compra cada unha foron:
Alonso Fernández, por una compra realizada en  Librería Bahía.
Rafael Pedrosa, en Briz.
Nuria Carreño, en Pastelería Anduriña.
Yanira Díaz, en Clínica Maas Saúde.
María Esther Merino, en Salai Campo.

O sorteo, que tivo lugar en Radio Foz, esta mañá foi conducido por David Val e contou coa presenza da concelleira de Comerio, Kathy Navarro; e da xerente de AciaFozCCA, Ana Segade.

Na campaña do Día da Nai participaron 72 comercios. AciaFozCCA contou coa colaboración do Concello de Foz e da Xunta de Galicia.