A Concellería de Normalización Lingüística de Foz continúa a convidar a todos os veciños e veciñas, nesta ocasión aos residentes e usuarios do centro socio sanitario do concello, a celebrar a publicación de Cantares Gallegos. Este ano conmemoramos o 158 aniversario da publicación desta obra. Co gallo do día de Rosalía no Concello de Foz, en colaboración coa Fundación Penzol e a Biblioteca Pública Neira Vilas de Vigo, exhibimos as reproducións das portadas das distintas edicións internacionais de "Cantares Gallegos". A partires do 17 de maio a Concellería de Normalización Lingüística pon a disposición esta mostra para o uso restrinxido dos usuarios do Centro de día e residencia de Foz.
Ademais os actos compleméntanse coa exhibición no Cenima ata o 25 de maio en horario de 9 a 14 e de 18 a 20 horas da exposición que celebra o día dedicado a Xela Arias: Aquela nena de Sarria, que inclúe fotografías facilitadas pola familia de "Xela e unha serie de debuxos da pintora lucense Sabela Arias", que conforman un especial complemento ás fotografías que foron o punto de partida da autora para este traballo.