Ribadeo prepara o Tapeo de 2024, que terá lugar do 20 ao 28 de abril

Hostaleiros de Ribadeo e Acisa acudiron á xuntanza convocada hoxe polo Concello para preparar o Ribadeo de Tapeo, que se desenvolverá do 20 ao 28 de abril. 

No encontro participaron o alcalde, Dani Vega, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, así como as técnicas da Área de Desenvolvemento Local do Concello, organizador deste evento gastronómico. 

O obxectivo do Concello era coñecer as inquedanzas, as suxestións e as opinións do sector sobre aqueles aspectos a mellorar. 

Marta Saiz manifestou que “escoitando á hostalería é como se mellora e se innova no Ribadeo de Tapeo. E iso foi o que fixemos esta mañá falar, coñecer a súa opinión e mudar a data desta cita, que se desenvolverá do 20 ao 28 de abril. De aquí aló queda moito traballo por diante”.