As persoas gañadoras das viaxes sorteadas por Acisa Ribadeo na súa campaña de San Valentín teñen ata o 23 de febreiro para reclamar os seus premios

Acisa Ribadeo sorteou esta mañá os premios da campaña de San Valentín. Trátase de dúas viaxes para dúas persoas a escoller entre 5.100 destinos. 

Segundo indicou o xerente da asociación, Jesús Pérez, “na maña de hoxe vimos de realizar o sorteo non presencial nas nosas oficinas dos premios da campaña Namórate con Acisa, con motivo da celebración do día de San Valentín. Os números agraciados son o 4.548, entregado en For Friends; e o 1.665 entregado en Miss-tic”.

Pérez Prada dixo que “tal e como indican as bases da campaña o sorteo realizouse a porta cerrada nas oficinas de Acisa na mañá de hoxe, 14 de febreiro, e foi retransmitido en redes sociais, onde se pode consultar o vídeo. O sorteo realizouse mediante un programa de xeración de números aleatorios entre as rifas editadas, que nesta ocasión foron un total de 8.000”.

E conclúe: “as persoas posuidoras das rifas gañadoras teñen ata o dia 23 de febreiro para reclamar os seus premios nas oficinas de Acisa Ribadeo”.

A directiva de Acisa agradece “a confianza dos nosos veciños e veciñas por mercar os seus regalos de San Valentín no comercio asociado, e animamos a que no dia de hoxe e nesta semana, poidan celebraralo tamén na hostalería asociada, compartindo e saboreando unha comida ou cea romántica, coas mellores propostas gastronómicas que atoparán en Ribadeo”.