Os Sendeiros, de Foz, participará nunha marcha en apoio á Senda do Navia, que se celebrará no municipio asturiano de Illano o 27 de abril

A asociación Os Sendeiros, de Foz, participará o 27 de abril, sábado, nunha marcha en apoio á Senda do Navia, que se celebrará no municipio asturiano de Illano.

Os Sendeiros explica que “habrá dos rutas fáciles, una de 6 kilómetros y otra de 10. Tendremos bolsa de avituallamiento, comida de confraternidad y baile”.

A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 40 euros para socios federados, 45 euros para socios non federados e 50 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o 19 de abril e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta marcha, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.