Os Sendeiros, de Foz, organizan unha ruta pola Costa da Morte para o 14 de abril

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 14 de abril, domingo, a ruta dos Faros, desde Malpica, na Costa da Morte. A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 45 euros para socios federados, 50 euros para socios non federados e 55 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o 11 de abril e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.