O Concello de O Vicedo organiza un obradoiro do proxecto Galicia Latente este sábado, 20 de abril no Teleclube de Riobarba

O Concello de O Vicedo organiza un obradoiro do proxecto Galicia Latente, unha iniciativa de Eduardo de Martís. Será este sábado, 20 de abril, ás 17:00 horas no Teleclube de Riobarba.

Galicia Latente é un proxecto para achegar ás persoas o valor social, económico e sustentable que atesoura a cultura galega no presente. 

O proxecto ten como base un estudo-libro homónimo de recollida e divulgación fotográfica da cultura galega (seguramente o único do presente) e as súas múltiples realidades que estamos a vivir en Galicia. Está autoeditado polo fotógrafo Eduardo de Martís e componse de 221 páxinas, 233 fotografías feitas entre os anos 2020 e 2023, ao longo de máis de 140 concellos galegos, incluído o de O Vicedo.  Ademais, Galicia Latente ofrece un obradoiro chamado “Construíndo conciencias”, que é o que se vai celebrar en O Vicedo. Este obradoiro comeza cunha presentación sobre a importancia e dimensión da cultura, continuado cunha proxección do documental Galicia Latente e logo un coloquio titulado “Retos e oportunidades da cultura galega”, rematando cunha recollida de valores locais. Agardamos que haxa debate e convidamos a todas as persoas interesadas a asistir e participar.

Este obradoiro organízao o Concello de O Vicedo e o proxecto Galicia latente, coa finalidade de coñecer e concienciarse sobre o valor da nosa contorna, das súas debilidades -como estamos a vivir co envellecemento poboacional- e das súas potencialidades: como a cultura ou o patrimonio nos pode aportar valores. Neste caso, comeza cunha reflexión sobre a cultura.

O proxecto Galicia Latente xa estivo presente en Santiago, no Courel, Bruxelas, París ou San Cibrao.