O CIM de Mondoñedo organiza a Comida da Igualdade para o 7 de abril

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Mondoñedo organiza a Comida da Igualdade, que se celebrará o domingo 7 de abril ás 14:00 horas na Finca San Antonio.

O CIM de Mondoñedo anuncia: “o domingo 7 de abril teremos a Comida da Igualdade, un encontro lúdico de mulleres e homes nos que compartir un espazo de igualdade. Haberá agasallos para sortear entre as persoas asistentes e animación musical. O prazo para anotarse e recoller as tarxetas nas oficinas do CIM e de Servizos Sociais remata o luns 1 de abril”.