O CCH de Viveiro sortea unha “Experiencia en familia” na súa campaña do día do pai

Desde a asociación explican que “nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar nesta data, e sortearemos unha viaxe para que poida desfrutar papá con toda a familia. O gañador poderá escoller as datas e o destino entre milleiros de posibilidades (Cabárceno, Parque Warner, etc) para pasalo en grande!”.

Desde o CCH de Viveiro sinalan que “o xeito de participar é moi sinxelo, só hai que descargar a App ViveiroCCH onde está habilitada a campaña, e subir os tíckets de compra de calquera dos negocios asociados do 13 ó 19 de marzo de 2024 (ambos incluídos). Non hai importe mínimo para poder participar e o sorteo será o 20 de marzo de 2024 ás 16:00 horas a través da propia APP. Gravarase o sistema de sorteo para difundilo posteriormente en RRSS e tamén avisaremos directamente ó gañador para que poida recoller o premio”. 

E engaden que “con esta iniciativa intentamos dinamizar esta data comercial importante para o comercio local, poñendo en marcha sorteos e premios para agradecer a fidelidade dos clientes, e acadar que Viveiro continúe a ser, unha vez máis, referente de compras en toda a comarca, sempre contando ca colaboración da Xunta de Galicia dentro dos programas de dinamización de centros comerciais abertos. Os obxectivos perseguidos con tódalas campañas que pon en marcha a asociación, son por unha parte a de premiar a fidelidade dos clientes que apostan por mercar no comercio local, e por outra parte fomentar a unión de tódolos comerciantes da zoa para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro”. 

As bases da campaña e toda a información pódese consultar na web www.viveirocentro.com, e no perfil de Facebook, Twitter e Instagram.