O 14 de outubro terá lugar o terceiro sorteo da campaña de A Mariña Federación. Será en Xove, na praza do Concello.

Este sábado, día 14, terá lugar en Xove o terceiro sorteo da campaña de A Mariña Federación, que daba comezo o pasado mes de setembro. Será ás 20:30 horas na praza do Concello. En xogo estarán 1.500 euros en vales de compra. 

Aquelas persoas que realicen as súas compras entre o 8 e o 14 de outubro nos establecementos asociados poderán canxear os seus tíckets de importes superiores a 10 euros por papeletas para participar no sorteo presencial que se celebrará este sábado en Xove. Ese día entre as 11 e as 14 horas pola mañá e entre as 17 e as 20:30 horas pola tarde será cando se poidan obter as papeletas na carpa que a FCAM instalará na praza do Concello. 

En Xove, ao igual que xa aconteceu en Ribadeo e en Foz, sortearanse 1.500 euros en vales de compra, divididos nos seguintes premios: un de 500 euros, un de 300 euros, un de 200 euros e 5 de 100 euros cada un. Os afortunados e afortunadas deberán consumilos durante a seguinte semana á da celebración do sorteo nos establecementos asociados á Aciam de Xove. 

Os seguintes sorteos, ata un total de sete, serán o 21 deste mes en O Vicedo e o 28 en Covas. Xa en novembro serán o 4 en Viveiro e o 11 en Burela.

A Mariña Federación destinou máis de 10.000 euros aos premios desta campaña, que chegou á súa terceira edición.